Saltar ao contido

Cristovo Lecapeno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCristovo Lecapeno

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento890 Editar o valor en Wikidata
Morte931 Editar o valor en Wikidata (40/41 anos)
Emperador bizantino
921 – 931 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Bizantino Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaLakapenos Editar o valor en Wikidata
CónxuxeSophia
FillosIrene Lecapena Editar o valor en Wikidata
PaisRomano I Editar o valor en Wikidata  e Teodora (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
IrmánsEstevo Lecapeno, Constantino Lecapeno, Teofilacto de Constantinopla (pt) Traducir e Helena Lecapena (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Cristovo Lecapeno (en grego: Χριστόφορος Λακαπηνός Khristóforos Lekapenós) foi o fillo máis vello do emperador Romano I e coemperador de 921 até a súa morte en 931.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Cristovo foi o primeiro fillo home de Romano I e a súa esposa Teodora e o segundo despois da súa irmá Helena. Os seus irmáns máis novos eran Ágata, que casou con Romanos Argyros; Estevo e Constantino (coemperadores de 924 até 945); Teofilacto, patriarca de Constantinopla de 933 a 956; e outras dúas irmás máis, das cales se ignora o nome e son coñecidas só polos seus matrimonios cos magistri officiorum Romano Mosele e Romano Saronites[1].

Non se sabe nada dos primeiros anos de Cristovo; era sen dúbida adulto ao redor de 919-920 e tiña unha filla casadeira en 927, por tanto naceu probabelmente ao redor de 890–895[2]. Antes do ascenso do seu pai ao poder casou con Sofía, filla do adiñeirado patricio Nicetas de Peloponeso[3].

Cando Romano logrou que a súa filla Helena casase co novo emperador Constantino VII na primavera 919, asumiu o papel de gardián do emperador co título basileopatōr —pai do emperador—, Cristovo sucedeuno no seu posto como megas hetaireiarches —comandante da garda de Palacio[4][5]. Romano coroouse a si mesmo como emperador en decembro de 920 e eventualmente avanzou en precedencia por diante do mozo Constantino. Para consolidar aínda máis a súa posición e planeando levar á súa propia familia por encima da lexítima dinastía macedónica, Romano coroou a Cristovo como coemperador o 20 de maio de 921.[6] Ademais, cando a súa nai Augusta Teodora morreu en febreiro de 922, a súa esposa Sofía foi elevada á dignidade de Augusta xunto a Helena[7].

En 927, como parte dun acordo de paz, a súa filla María, rebautizada Eirene/Irene («paz») para a ocasión, casou co emperador búlgaro Pedro I. Romano aproveitou a ocasión para avanzar a Cristovo por diante de Constantino na precedencia, facéndoo primeiro entre o grupo de coemperadores (en 924, os seus irmáns máis novos Estevon e Constantino tamén foran coroados como coemperadores)[8][9]. En 928, Nicetas tentou infrutuosamente incitalo a depor ao seu pai e foi desterrado. O motivo detrás de todo isto foi talvez a mala saúde de Cristovo e os temores da súa esposa e o seu sogro, de que a súa morte prematura causaría que perdesen o seu status[10]. Cristovo morreu en agosto de 931, Romano lamentou moito a súa morte, derramou bágoas «como os exipcios» e despois diso dedicouse cada vez máis a actividades relixiosas. Pouco despois, Sofía tamén se retirou da corte e entrou nun mosteiro, onde morreu[11][12].

A través do seu matrimonio con Sofía, Cristovo tivo tres fillos:[13]

  • María-Irene (? - ca. 965), emperatriz consorte de Pedro I de Bulgaria[14].
  • Romano, aínda neno no momento da morte de Cristovo. Segundo Zonaras, foi favorecido polo seu avó, quen pensaba darlle o lugar do seu pai como coemperador, pero morreu pouco despois.
  • Miguel, aínda neno ao momento da morte do seu pai, converteuse en clérigo cando a súa familia perdeu o poder en 945. Chegou a alcanzar altas dignidades como magistros e rhaiktor, pero non se sabe nada máis da súa vida posterior[15].
  1. Cawley 2011, Romanos Lekapenos.
  2. Grierson & Bellinger (1973), p. 528
  3. Runciman (1929), p. 64
  4. Runciman (1929), p. 60
  5. Kazhdan (1991), p. 442
  6. Runciman (1929), pp. 65–66
  7. Runciman (1929), p. 67
  8. Previté-Orton, Charles William (1975) Cambridge Medieval History, Shorter: Volume 1. «The Later Roman Empire to the Twelfth Century». ISBN 0-521-09976-5 p. 256
  9. Runciman (1929), pp. 67, 97
  10. Runciman (1929), pp. 71–72
  11. Runciman (1929), p. 78
  12. Grierson & Bellinger (1973), p. 526
  13. Kazhdan (1991), p. 1204
  14. Runciman (1929), pp. 78, 237
  15. Runciman (1929), pp. 78, 234

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]