Estevo III de Moldavia
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2014.) |
Estevo III de Moldavia | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1433 |
Lugar de nacemento | Borzești |
Falecemento | 2 de xullo de 1504 |
Lugar de falecemento | Suceava |
Soterrado | Putna Monastery |
Nacionalidade | Principado de Moldavia |
Etnia | Pobo romanés |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Pai | Bogdan II da Moldávia |
Nai | Maria |
Cónxuxe | Maria de Mangup, Maria Voichița e Evdochia de Kiev |
Fillos | Petru Rareș, Helena, Bogdan III e Alexandru of Moldavia |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Estevo III de Moldavia (c. 1437 - 2 de xullo de 1504), tamén coñecido coma Estevo o Grande («Ștefan cel Mare» en romanés) ou Estevo o Grande e o Santo («Ștefan cel Mare și Sfânt»), foi príncipe de Moldavia entre 1457 e 1504, o máis prominente representativo da Casa Real Mușat.
Durante o seu reinado, transformou Moldavia nun estado poderoso e mantivo a súa independencia fronte ás ambicións de Hungría, Polonia, e do Imperio otomán, que querían subxugar ao país. Estevo chegou a ser famoso en Europa pola súa resistencia fronte aos otománs. Foi vitorioso en 34 de 36 batallas, e o primeiro en derrotar de maneira decisiva ao Imperio Otomán, na Batalla de Vaslui, despois da cal o papa Sisto IV nomeouno verus christianae fidei athleta (verdadeiro campión da fe cristiá). Estevo foi un home relixioso, construíndo igrexas e mosteiros despois das súas vitorias, e pagando a débeda do Monte Athos ao Imperio Otomán, asegurando desta maneira a autonomía da comunidade monástica.
Primeiros anos e chegada ao poder[editar | editar a fonte]
Estevo era membro da familia real Mușat. O seu pai Bogdan II reinara sobre Moldavia por dous anos (1449-1451), antes de morrer nunha batalla, morto o tío de Estevo, Petru Aron. Entre 1451 e 1457, Moldavia foi trastornada por unha guerra civil entre Petru Aron e Alexăndrel, neto de Alexandru cel Bun.
Despois do conflito, Estevo refuxiouse en Transilvania, buscando a protección do comandante militar Iancu de Hunedoara. Trasladouse despois á Corte de Vlad Draculea, e, en 1457, conseguiu recibir a 6.000 cabaleiros como asistencia militar, gañando a batalla en contra de Petru Aron en Doljești, preto de Roman. Aron fuxiu a Polonia, mentres que Estevo foi coroado príncipe. Dous anos despois, liderou unha incursión dentro de Polonia, buscando a Aron, pero atopou unha forte resistencia. Asinouse un tratado entre Moldavia e Polonia, a través do cal Estevo recoñeceu a Casimiro IV Iagellón como o seu suzerano, mentres que a Aron prohibíuselle entrar en Moldavia.
Reinado[editar | editar a fonte]
Ameazado por veciños poderosos, conseguiu oporse á invasión do rei húngaro Matías Corvino, derrotándoo na Batalla de Baia (en 1467), e invadindo Valaquia en 1471, porque Valaquia converteuse en vasalo do Imperio otomán. Cando o sultán Mehmed II organizou un ataque como resposta a Moldavia, Estevo derrotou aos invasores na Batalla de Vaslui, en 1475, unha vitoria que cortou temporalmente o avance turco na Europa oriental.
Estevo foi derrotado en Războieni o ano seguinte, mais os otománs tiveron que retirarse, ao non conseguir capturar ningún castelo importante, e porque unha enfermidade espallouse no exército turco. Estevo buscou o apoio dos cristiáns europeos, pero sen éxito. Aínda así, díxose sobre el que "cortou a man dereita ao pagán".
Despois de 1484, Estevo tivo que enfrontarse non só aos ataques turcos, senón tamén aos polacos e húngaros. Finalmente, en 1486 asinou un tratado co sultán Bayezid II, que aseguraba o autogoberno de Moldavia, en cambio por un tributo anual. A partir do século XVI, o Principado de Moldavia foi vasalo do Imperio Otomán durante 300 anos.
Estevo morreu en Suceava, e está soterrado no mosteiro de Putna, construído ás súas ordes.
Legado[editar | editar a fonte]
Aínda que foi marcada por continua turbulencia, o longo reinado de Estevo trouxo consigo un considerable desenvolvemento cultural; moitas igrexas e mosteiros foron construídas ás súas ordes, dos cales algúns son Patrimonio da Humanidade.
Estevo foi considerado un santo por moitos cristiáns, a pouco tempo despois da súa morte. Foi canonizado pola Igrexa ortodoxa romanesa, baixo o nome «Dreptcredinciosul voievod Ștefan cel Mare și Sfânt».
Nunha campaña da televisión estatal romanesa chamada «Mari Români» («Grandes romaneses»), Estevo recibiu 40.000 votos e foi elixido «O máis grande romanés» da historia.
O historiador romanés Nicolae Iorga afirmou sobre o carácter de Estevo: «O pobo romanés atopou en Estevo o Grande o máis limpo e perfecto icona da súa alma: honesto e traballador, paciente sen esquecer e valente sen crueldade, enérxico cando estaba alporizado e sereno no seu perdón, claro e equilibrado na súa fala, bo organizador e amante do fermoso, sen soberbia nas súas accións».
A figura de Estevo foi invocada na literatura popular e culta romanesa. Os romaneses do seu século adoitaban cantar «Ștefan Vodă, gran señor, sen semellanza no mundo, máis có espléndido sol».
Predecesor: Petru Aron |
Príncipe/Voivoda de Moldavia 1457-1504 |
Sucesor: Bogdan III cel Orb |