Estas são as armas
Aparencia
Estas são as armas | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Estas são as armas |
Director | Murilo Salles Luís Bernardo Honwana |
Intérpretes | Hermance Baudry Kevin Kok-Heang |
Estrea | 1978 |
Duración | 56 minutos |
Orixe | Mozambique |
Xénero | Documental |
Lingua | Portugués |
Na rede | |
Estas são as armas (en galego: "Estas son as armas") é un filme documental de Mozambique rodado no ano 1978.[1][2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Realizado por un colectivo de mozos do Instituto Nacional de Cine (INC) baixo a supervisión de Murilo Salles e Luís Bernardo Honwana, o documental mostra imaxes da invasión da República Popular de Mozambique por tropas de Rodesia. En 1977, un equipo de rodaxe sae de Maputo cara á provincia de Tete para rodar unha reportaxe sobre os danos provocados polos bombardeos aéreos en zonas habitadas por campesiños.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kristensen, Lars. Routledge, 2013, ed. Postcommunist Film - Russia, Eastern Europe and World Culture. ISBN 1136475559.
- ↑ Ukadike, Nwachukwu Frank. University of California Press, 1994, ed. Black African Cinema. ISBN 0520912365.