Estanislao García Nebril
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Cedeira, España |
Alcalde de Cedeira | |
novembro de 1936 – setembro de 1937 | |
Actividade | |
Ocupación | empresario, político |
Estanislao García Nebril foi un empresario, banqueiro e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Empresario de Cedeira, dono dunha fábrica de gasosas, unha mercería, un almacén de cereais e legumes, un de sal e outro de cal. Tiña oficina bancaria propia e foi director da sucursal do Banco de La Coruña en Cedeira. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e trala renuncia de Higinio Bustabad Freire, foi nomeado alcalde de Cedeira en novembro de 1936.[1][2] Foi cesado polo gobernador civil xunto cos concelleiros Honorato González e Modesto López en setembro de 1937.[3]
Predecesor: Higinio Bustabad Freire |
Alcalde de Cedeira 1936 - 1937 |
Sucesor: Manuel Freire |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1914 con Amadora Rodríguez Llorente.[4]