Campo do Lodairo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Estadio do Lodairo»)

Coordenadas: 42°28′41″N 7°59′03″O / 42.47797, -7.98403

Campo do Lodairo
Datos
LocalizaciónRúa O Lodairo, s/n
Cea, Galiza
Construción
Inauguración1966
Estadio
SuperficieCéspede artificial
Dimensións100 x 60
Capacidade456
PropietarioConcello de San Cristovo de Cea
LocalíaClube Deportivo Cea
Cea Veteranos, Bar Breixo e Ourense Veteranos
Eventos
FIOUF 2010

O campo do Lodairo é un campo de fútbol situado na rúa do Lodairo da localidade de Cea, San Cristovo de Cea. É utilizado no seu uso como local polo CD Cea, o Veteranos Cea, o Bar Breixo e o Ourense Veteranos. Tamén foi utilizado como local polas desaparecidas categorías inferiores do CD Cea e polo S.D. Piñor que agora xoga no Outeiro Grande de Maside.

Historia[editar | editar a fonte]

Construción[editar | editar a fonte]

Este campo construíuse no ano 1966 para o uso do creado tamén nese ano CD Cea. Daquela o campo era un terreo de xogo de terra sen butacas na bancada e cunha tapadeira para que non chovera enriba das persoas que vían o fútbol.

Era dourada[editar | editar a fonte]

Na era dourada do CD Cea o campo seguiu albergando coma sempre ao Club Deportivo Cea e tamén ás desaparecidas categorías inferiores do CD Cea. Nesa era O Lodairo acolleu un triunfo do conxunto panadeiro xuvenil na Copa Deputación e unha liga de 3ª Autonómica, unha de 1ª Autonómica e unha Copa Deputación de categoría absoluta.

Remodelación[editar | editar a fonte]

No ano 2012 o alcalde de Cea decidiu remodelar o campo do Lodairo. Esta remodelación custou case medio millón de euros. Este diñeiro usouse para cambiar a terra pola actual herba artificial, construír uns novos vestiarios e poñer asentos á tribuna do campo. No tempo que se reconstruíu o campo, o CD Cea xogou os seus partidos como local no Campo da Uceira.

Dende a remodelación[editar | editar a fonte]

Dende a remodelación, o Club Deportivo Cea continúa xogando como local no Lodairo. Coa creación do Cea Veteranos este equipo tamén xoga neste lugar xunto cos tamén veteranos: Bar Breixo e Ourense Veteranos.

Campo[editar | editar a fonte]

O Campo do Lodairo é un vello campo remodelado no 2012. É un campo de fútbol 11 tamén con liñas de fútbol 7 e 8 dunha superficie de herba artificial. As distancias do campo son 100 metros de longo por 60 metros de ancho. Na tribuna hai 456 chanzos.

Equipos[editar | editar a fonte]

No campo do Lodairo de Cea xogan o CD Cea de Segunda Autonómica de Galicia e os veteráns: o Veteranos Cea, o Bar Breixo e o Ourense Veteranos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]