Estadio Cartagonova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 37°36′35″N 0°59′45″O / 37.60972, -0.99583

Estadio Cartagonova
Estadio Cartagonova.JPG
Partido fronte ó Girona en 2010
Datos
LocalizaciónCartagena (Rexión de Murcia)
Construción
Inauguración7 de febreiro de 1988
ArquitectoCMMP Arquitectos
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 68
Capacidade14.532
PropietarioConcello de Cartagena
LocalíaFC Cartagena
Eventos

O Estadio Cartagonova é un estadio de fútbol, situado na cidade de Cartagena (Murcia), no ensanche da cidade, na zona adxacente á Rambla de Benipila.

É de propiedade municipal e é o recinto onde xoga os seus partidos o FC Cartagena. Inaugurouse en 1988 en substitución do antigo campo da cidade, El Almarjal.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1987 concretouse a permuta dos terreos onde se atopaba o antigo campo de fútbol de Cartagena, El Almarjal (1925), entre o Concello da cidade e a empresa Continente, acordo polo que esta cadea de hipermercados construiría un novo e moderno campo de fútbol quedándose a cambio cos terreos do antigo para construír un centro comercial.

As obras de construción de ambas as instalacións, o hipermercado e o campo de fútbol, foron encomendadas ao mesmo gabinete profesional: CMMP Arquitectos (Cardona, Martín, Molina e Praza), de Murcia. Estes basearíanse para o deseño e execución nunha obra de 1982, o Mini Estadi do F.C.Barcelona, deseñado polo arquitecto catalán Josep Casals e o aparellador Ramón Domènech.

Así, o 27 de setembro de 1987 disputouse o último partido en El Almarjal entre o FC Cartagena e o CD Castellón, un encontro que finalizou co triunfo dos de casa por catro goles a cero. Durante o transcurso das obras de construción do novo estadio, o equipo local, que militaba na Segunda División xogou os seus partidos provisionalmente no municipio veciño de Torre Pacheco.

Finalizadas en poucos meses as obras de construción, o 7 de febreiro de 1988 se disputaró o primeiro partido no novo estadio. Tratouse dun FC Cartagena - Real Burgos que finalizou con empate a cero.

O primeiro gol do novo estadio foi marcado dúas xornadas máis tarde, e foi obra do xogador do Bilbao Athletic Uribarrena.

O nome do estadio, Cartagonova, é tomado do nome (Carthago Nova) co que se coñeceu a cidade de Cartagena durante a época romana.

No momento da finalización das obras non houbo acto de inauguración oficial, algo que se realizaría, curiosamente, nove anos despois, o 11 de febreiro de 1997, cando se formalizou nos momentos previos a un partido España-Malta de seleccións sub-21.

Características[editar | editar a fonte]

O estadio ten un aforamento próximo aos 15.000 espectadores, todos sentados. Nos seus primeiros anos a capacidade estaba por encima dos 20.000, pero este número se vió reducido en xaneiro de 2000 cando se colocaron butacas en todo o anel superior.

Está construído con dous aneis de bancada superpuestos un a outro en todo o perímetro do mesmo. Só a tribuna principal está cuberta.

Localía[editar | editar a fonte]

Desde a súa inauguración á tempada 1995-96, o equipo local e entón primeiro equipo da cidade, o FC Cartagena, coñecido popularmente como o Efesé, foi o que disputou os seus partidos como local no Estadio Cartagonova. A retirada por graves problemas económicos daquel equipo en plena competición (atopábase entón encadrado na Terceira División) desmoronou o fútbol local.

Tomou a substitución o Cartagonova FC, nacido en 1995 e que nunha meteórica traxectoria ascendeu á Segunda División B en poucos anos, estando a piques de alcanzar o ascenso a Segunda División na noite do 30 de xuño de 1999 ante o Córdoba Club de Fútbol.

O Cartagonova FC cambiou o seu nome en 2003 polo de Fútbol Club Cartagena. Na actualidade milita en Segunda División.

Eventos deportivos[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa historia, disputáronse no Cartagonova os seguintes encontros internacionais:

Así mesmo, o 28 de febreiro de 2007 acolleu, con motivo do I Centenario do Fútbol en Cartagena, o partido entre a Selección de Cartagena e a de Illas Feroe.

Igualmente, o 26 de decembro de 2007 a Selección de fútbol da Rexión de Murcia disputou o terceiro partido da súa historia en Cartagena -primeira vez que o facía nesta cidade-, vencendo por un gol a cero á selección de Guinea Ecuatorial.

Eventos extradeportivos[editar | editar a fonte]

Ata o ascenso do Fútbol Club Cartagena a Segunda División, o estadio foi sede cada ano de varios eventos das festas de Carthagineses e Romanos. Algo que deixou de facerse en 2009 ao non permitir a normativa da Liga de Fútbol Profesional a entrada de animais aos terreos de xogo.