Saltar ao contido

Estación de Roma Tiburtina


Estación de Roma Tiburtina
Estación de Roma Tiburtina

Roma Tiburtina é a segunda estación de ferrocarril máis grande de Roma, despois de Termini. Está localizada na parte nordeste da cidade, e foi redeseñada como un centro para a alta velocidade italiana no canto de Termini, que é unha estación de ferrocarril. A estación está conectada co Metro de Roma liña B pola estación Tiburtina. A nova Tiburtina está dedicada ós trens rexionais tradicionais e ós servizos de alta velocidade na liña Milán-Nápoles. A nova estación está proxectada para dar servizo diario a máis de 450 000 persoas no 2015.[1][2] A estación é destino de máis de 140 trens de alta velocidade e 290 trens rexionais.[2]

A estación inaugurouse por primeira vez en 1866.[3] No 2001, un profesor de universidade británico cando unha escaleira mecánica caeu e o deixou atrapado no oco que se abriu. Un condutor de trens local perdeu unha perna tratando de liberalo, ó igual que unha terceira persoa que caeu dentro do mecanismo.[4]

No 2004, preparáronse os plans para actualizar e mellorar a estación,[5] e os traballos comezaron no 2007, cun custo estimado de €155 millóns.[6] A nova estación estaba prevista para dar servizo a máis de 300 000 ó día.[7] Despois de tres anos de traballo, o 28 de novembro de 2011, a nova estación foi inaugurada e adicada a Camillo Benso.

  1. "Roma Tiburtina (quasi) completa". CityRailways (en italiano). 28 de novembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2017. Consultado o 2 de setembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Fulloni, Alessandro (28 de novembro de 2011). "Tiburtina, 140 treni al giorno per l'Alta Velocità: 330 milioni di costi, 20 binari e 50mila mq". Corriere della Sera (en italiano) (Milán). Consultado o 3 de setembro de 2017. 
  3. "Lavori per la Nuova Tangenziale Est di Roma e Stazione Tiburtina". Alessandro Carafa Jacobini. Consultado o 27 de setembro de 2016. 
  4. Johnston, Bruce (29 de outubro de 2003). The Daily Telegraph, ed. "British professor dies as escalator collapses at Italian rail station". Londres. 
  5. "Nuova Stazione Alta Velocità Di Roma Tiburtina" (en italiano). Europaconcorsi. 14 de xuño de 2004. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2011. Consultado o 24 de xullo de 2011. 
  6. CorriereRomano, ed. (2 de outubro de 2007). "Stazione Tiburtina al via i cantieri dell'Alta Velocità" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2012. Consultado o 3 de setembro de 2017. 
  7. Boccacci, Paolo (11 de xullo de 2011). La Repubblica, ed. "Ecco la Nuova Stazione Tiburtina un drago per 300 mila passeggeri" (en italiano). Consultado o 3 de setembro de 2017.