Saltar ao contido

Estación de Olite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Olite / Erriberri
SituaciónOlite (Navarra)
ServizosAparcadoiro
Liñas
Media distanciaRexional Exprés

A estación de Olite-Erriberri é unha estación de tren de Adif situada no municipio español de Olite, en Navarra. Dispón unicamente de servizos de Media Distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria

[editar | editar a fonte]

A estación atópase no punto quilométrico 133,4 da liña de ferrocarril que une Castejón con Altsasu, as dúas localidades en Navarra, a 385 metros de altitude.[1]

A estación foi aberta ao tráfico o 15 de setembro de 1860 coa apertura do tramo Caparroso-Pamplona da liña férrea que pretendía unir Zaragoza con Navarra por parte da Compañía do Ferrocarril de Zaragoza a Pamplona.[2] Esta última non tardaría en unirse coa compañía do ferrocarril de Zaragoza a Barcelona dando lugar á compañía dos Ferrocarrís de Zaragoza a Pamplona e Barcelona.[3] O 1 de abril de 1878 a súa mala situación económica forzouna a aceptar unha fusión con Norte.[3] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a integración de Norte na recentemente creada Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación

[editar | editar a fonte]

Sitúase ao leste do núcleo urbano. O edificio para viaxeiros nunha ampla estrutura realizada con ladrillo de base rectangular, dúas alturas e tellado en pico de varias vertentes. Os seus vans, sete portas e sete xanelas en ambas as fachadas están decorados con arcos de medio punto. Ten dúas plataformas, unha lateral e outra central á que acceden dúas vías. No exterior existe un aparcadoiro habilitado.

Servizos ferroviarios

[editar | editar a fonte]

Media Distancia

[editar | editar a fonte]
Liña MD Trens Orixe/Destino Destino/Orixe
26 Rexional Zaragoza-Delicias Pamplona-Iruña
26 Rexional Castejón de Ebro Vitoria-Gasteiz
  1. "Rede ferroviaria española" (PDF). Ministerio de Fomento. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2010. Consultado o 10 de maio de 2013. 
  2. Memoria de FZP páxina 3, froito da Xunta Xeral de Accionistas celebrada o 8 de xuño de 1861.
  3. 3,0 3,1 Zaragoza á Pamplona y Alsasua spanishrailway

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]