Saltar ao contido

Estación de Liubliana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estación de Liubliana
A estación en 1895
SituaciónLiubliana

A estación de Liubliana (en lingua eslovena Železniška postaja Ljubljana) é a principal estación de ferrocarril da cidade de Liubliana, a capital de Eslovenia.

A construción rematouse o 18 de abril de 1848 e as súas primeiras conexións foron con Viena e Trieste. O edificio renovouse en 1980 polo arquitecto Marko Mušič.

O escritor irlandés James Joyce pasou unha noite nela para ir á cidade de Trieste en outubro de 1904. Na súa honra, fíxoselle un pequeno monumento creado polo escultor Jakov Brdar e este foi erixido no evento anual do Bloomsday no ano 2003.

Nas proximidades localízase o Museo Ferroviario Esloveno.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]