Estación de Verona Porta Vescovo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 45°26′09″N 11°01′11″L / 45.4358, 11.0197

Estación de Verona Porta Vescovo
A estación de Porta Vescovo ca. 1890

A estación de Verona Porta Vescovo é unha estación de ferrocarril da cidade italiana de Verona que presta servizo aos trens rexionais de Trenitalia.

Historia[editar | editar a fonte]

A Porta Vescovo foi a primeira estación de ferrocarril da cidade, inaugurouse en 1847, durante a época austríaca, e foi unha estación moi frecuentada, Verona era entón unha das principais fortalezas militares de Europa e en tren viñan gran cantidade de tropas e convois militares, a propia localización da estación estaba condicionada ás esixencias defensivas, xa que se edificou próxima a unha ampla zona de uso militar, o Campo de Marzo, destinada a almacéns e a transportes militares. En 1852 inaugurouse unha nova estación, a da Porta Nuova máis próxima á cidade e despois da primeira guerra mundial a da Porta Vescovo acabou converténdose en secundaria.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]