Estíbaliz Pereira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Estíbaliz Pereira Rábade")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Estíbaliz Pereira
Nacemento12 de xullo de 1986
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmodelo e concursante en certames de beleza
editar datos en Wikidata ]

Estíbaliz Pereira Rábade,[1] nada na Coruña o 12 de xullo de 1986, é unha modelo e raíña de beleza galega.[2] Foi coroada Miss España 2009 nunha gala celebrada en Cancún (México). Representou a España en Miss Universo 2009.

Miss España[editar | editar a fonte]

Representando a provincia da Coruña, Pereira converteuse nunha das favoritas[3] e competiu contra outras cincuenta e unha representantes polo título de Miss España 2009, que se celebrou por primeira vez fóra de España, en Cancún. Alí converteuse na segunda galega da historia en conseguir a coroa de Miss España.[2] Ademais gañou o dereito de representar España en Miss Universo 2009.[3]

Miss Universo 2009[editar | editar a fonte]

Pereira representou España na 58ª edición de Miss Universo, celebrada Atlantis Paradise Island, en Nassau (Bahamas) o 23 de agosto de 2009. 84 concursantes de diferentes países e territorios competiron no evento.[3] Porén, Pereira non chegou a clasificar entre as quince mellores que pasaban á final.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pereira Estíbaliz interview: this is the life of Miss Spain 2009". La voz libre. 19 de xullo de 2009. Consultado o 21 de outubro de 2010. 
  2. 2,0 2,1 Vásquez, Dolores (19 de xuño de 2009). "The light of the Tower of Hercules has enlightened me". La Voz de Galicia. Consultado o 21 de outubro de 2010. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Who will be Miss Spain?". Quién. 18 de xullo de 2009. Consultado o 21 de outubro de 2010.