Essential Logic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Essential Logic
993-edit.jpg
OrixeInglaterra Inglaterra,
Período1978 - 1980
Xénero(s)post-punk
MembrosLora Logic
Philip Legg
William Bennett
Mark Turner
Rich Tea
Jon Oliver

Essential Logic foi unha banda británica de post-punk formada polaaca saxofonista Lora Logic despois de deixar X-Ray Spex. O grupo inicialmente estivo composto por Lora Logic no saxofón e nas voces, Philip Legg na guitarra e nas voces, William Bennett (posteriormente en Whitehouse) na guitarra, Mark Turner no baixo, Rich Tea na batería e Dave Wright no saxofón. Turner sería posteriormente substituído por Jon Oliver.

A banda creouse en 1978 con Lora acabada de saír da escola de arte. O seu primeiro 7" foi editado a través do seu propio selo, Cells, e editaron un EP auto-titulado a través de Virgin Records en 1979, antes de asinar con Rough Trade. O seu álbum de estrea, Beat Rhythm News - Waddle Ya Pay? apareceu tamén en 1979, seguido por varios 7" antes de que o grupo se separase en 1980.

No ano 2003 foi editada unha antoloxía de gravacións Essential Logic, titulada Fanfare in the Garden, a través do selo Kill Rock Stars.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo Notas
Essential Logic 1979 Virgin Records EP
Beat Rhythm News 1979 Rough Trade Records
Fanfare In The Garden 2003 Rough Trade Records Antoloxía