Esposa (grupo musical)
Esposa | |
---|---|
Esposa en concerto | |
Orixe | Santiago de Compostela, Galicia |
Xénero(s) | Música pop |
Selo(s) discográfico(s) | Prenom, Snap! Clap! Club |
Membros | Mar Catarina (sintetizador), Cibrán Tenreiro (voz e batería), María Villamarín (voz e sintetizador) e Xacobe González (voz e guitarra) |
Na rede | |
Esposa é un grupo galego de música pop formado en 2014 en Santiago de Compostela. Está formado por Mar Catarina (sintetizador), Cibrán Tenreiro (voz e batería), María Villamarín (voz e sintetizador) e Xacobe González (voz e guitarra). O seu estilo musical foi definido "entre o C86 e o garage minimalista"[1].
Historia
[editar | editar a fonte]O grupo ten a súa orixe en 2014, nun acompañamento para a poeta Eba Reiro por parte de Cibrán e Xacobe, co nome de Eba Reiro y Esposa.
En 2016 editaron o EP Señor de, autoeditado, con portada de Leo Sousa. En 2017 publicaron o disco Xardín interior, que incluía as catro cancións de Señor de. O disco, producido por Bobby Perú e con portada de Mar Catarina, foi gravado e mesturado por Ibán Pérez en Estudio Terraforma (O Hío) e masterizado por Martin Ballesta en Last Punch Mastering (Glasgow). O disco inclúe unha versión de Fantasmage, "Vaciada", no que Ibán Pérez toca a trompeta e sintetizadores.
En 2017 representaron Galiza no festival Suns Europe, dedicado ás artes escénicas en linguas minoritarias, que se celebrou en Udine[2].
Discografía
[editar | editar a fonte]- Señor de (EP, 2016; autoeditado)[3][4]
- Xardín interior (2017; Prenom)[5][6]
- É o que hai (EP 2020; cassette Snap! Clap! Club)
- Belo horizonte (EP 2020; cassette Snap! Clap! Club)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Esposa en La Fonoteca (en castelán).
- ↑ "O pop rítmico de Esposa representa Galiza no Suns Europe" Arquivado 30 de abril de 2018 en Wayback Machine., Sermos Galiza, 23 de novembro de 2017.
- ↑ Señor de, en Bancamp.
- ↑ Señor de, en La Fonoteca.
- ↑ Xardín interior, en Bancamp.
- ↑ Xardín interior, en La Fonoteca.