Apófise espiñosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Espiña neural")

As apófises espiñosas son prominencias óseas ou proxeccións que xorden da parte posterior das láminas das vértebras. Protexen por diante ao canle medular que alberga a medula espiñal e a ambos os dous lados insértanse potentes músculos do tronco.

No caso das vértebras cervicais (agás o atlas) poden ser bituberosas, é dicir, poden presentar unha bifurcación.