Tractor eiruga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roda-piñón de transmisión na parte traseira da eiruga dun tanque Leclerc.
Rodas de rodamento da eiruga dun AMX-56 Leclerc.
Un M60 Patton con seis rodas de rodadura por eiruga.

Un tractor eiruga é un dispositivo de tracción utilizado principalmente en vehículos pesados, como carros de combate e tractores, ou outro tipo de vehículos. Consiste nun conxunto de elos modulares que permiten un desprazamento estábel en terreos irregulares.

A maioría das eirugas forman parte dun cinto flexíbel cun conxunto de elos ríxidos unidos uns a outros fortemente. Os elos axudan ao vehículo a distribuír o peso nunha superficie maior que a que tivese co emprego de rodas, e isto fai que poida moverse por un número maior de superficies sen afundirse debido ao seu propio peso. Por exemplo, a presión que exerce un automóbil sobre o chan é igual aproximadamente a 207 kPa, namentres que as setenta toneladas que pesa un tanque M1 Abrams exercen unha presión sobre o firme de 103 kPa.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1826 o enxeñeiro británico George Cayley patentara unha eiruga mecánica coa denominación de "universal railway" ou ferrocarril universal. No ano 1837 o inventor ruso Dmitry Zagryazhsky deseñou unha especie de vehículo con tramos móbiles e que patentou o mesmo ano. Porén, debido a unha gran falta de fondos non puido elaborar un prototipo. Como resultado a súa patente foi esquecida no ano 1839. En 1846, o enxeñeiro británico James Boydell patentou unha "roda ferroviaria sen fin".[1] Os tractores empurrados a vapor empregaban unha forma de eiruga que foi probada pola alianza occidental durante a Guerra de Crimea na década de 1850. Unha eiruga efectiva foi inventada e construída por Alvin Lombard, que a patentou no ano 1901.[2]

Hornsby/Holt[editar | editar a fonte]

Tras o comezo das operacións de Lombard, Hornsby en Inglaterra manufacturou canto menos dous vehículos "guiados por eirugas", e a súa patente foi posteriormente adquirida por Holt en 1913, permitindo a Holt ser popularmente coñecido como o "inventor" dos tractores eiruga. Hornsby fixo unha versión para o exército británico que posteriormente sería a inspiración dun "tanque".

Construción e operación[editar | editar a fonte]

Diagrama dunha suspensión de eirugas. 1=roda de transmisión traseira, 2=eiruga, 3=rodete de retorno, 4=roda de transmisión dianteira, 5=rodas de rodadura, 6=rodete tensor.

Exemplos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]