Republic Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Republic Records
Compañía naiUniversal Music Group
Fundado en1995
FundadorAvery Lipman e Monte Lipman
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
LocalizaciónNoca York
http://www.republicrecords.com/

Republic Records é un selo discográfico estadounidense. Foi fundado por Avery Lipman e Monte Lipman como unha etiqueta independente no ano 1995 e no presente é unha división de Universal Music Group (UMG). Foi mercado por UMG en 2000 e operou inicialmente como un selo de Universal/Motown Records Group. Tras unha reorganización en 2006 pasou a chamarse Universal/Republic, e no ano 2012 recibiu o nome de Republic Records.[1][2][3]

A compañía ten a súa sede na cidade de Nova York. No presente entre os seus artistas atópanse Nicki Minaj, Anitta, Ariana Grande, Black Sabbath, Drake, Hailee Steinfeld, Jessie J, Lil Wayne, Lorde, Post Malone, The Weeknd e Liam Payne.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Universal Signs New Agreement With Republic's Monte and Avery Lipman". The Hollywood Reporter. Consultado o 1 de agosto de 2018. 
  2. "Lipman to head up Universal Records". Billboard. Consultado o 1 de agosto 2018. 
  3. "Stop in the Name of Shiny Toy Guns". Billboard. Consultado o 1 de agosto de 2018. 
  4. "Artists". Republic Records. Consultado o 1 de agosto de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]