Piñeiro, Mugardos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Xoán de Piñeiro
Igrexa parroquial de San Xoán de Piñeiro.
ConcelloMugardos
ProvinciaCoruña
Coordenadas43°26′13″N 8°12′03″O / 43.437, -8.2008Coordenadas: 43°26′13″N 8°12′03″O / 43.437, -8.2008
Área1,28 km²
Poboación465 hab. (2018)
Densidade363,28 hab./km²
Entidades de poboación11
editar datos en Wikidata ]

San Xoán de Piñeiro é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Mugardos. Segundo o INE en 2018 tiña 465 habitantes (241 mulleres e 224 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 621 habitantes.

Ten unha extensión de 1,28 km², cunha densidade de poboación de 357,81 hab./km². Limita polo leste coa parroquia de Limodre (Fene) polo oeste coa parroquia de Franza, polo norte coa vila do Seixo, e polo sur coa vila de Barracido (Ares).

Cultura e deporte[editar | editar a fonte]

O patrón da vila é San Xoán Bautista, e celébrase o día 24 de xuño, con verbena, sardiñada e lumeirada.

A Sociedade Cultural Recreativa e Deportiva de San Xoán de Piñeiro organiza varias competicións deportivas, entre elas o Maratón de San Xoán de Piñeiro, unha carreira popular de 10.600 metros polos concellos de Mugardos, Ares e Fene, que leva máis de 30 edicións. Esta carreira conta con versións para os máis mozos, dende os 2 anos. Tamén se organizan ao longo do ano concursos de larpeiradas, a festa do entroido, unha feira de artesanía, a festa dos callos e actividades como o encaixe de bolillos, o ioga e as manualidades. A pequena vila conta ademais cun modesto equipo de fútbol.

Preto da SCRD atópase a antiga escola de San Xoán de Piñeiro, que contaba cuns poucos alumnos ata hai uns anos atrás;[cando?] agora[cando?] serve de colexio electoral.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Piñeiro[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de San Xoán de Piñeiro no concello de Mugardos

A Abeleira | O Camiño Grande | O Chao do Monte | A Chousa | A Estación | A Fonte | A Gallada de Piñeiro | A Igrexa | O Lodairo | Pumido | A Teupoeira

Parroquias de Mugardos[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Mugardos

Franza (Santiago) | Meá (San Vicente) | Mugardos (San Xulián) | Piñeiro (San Xoán)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]