El Príncipe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Príncipe

Barrio de El Príncipe de Ceuta
FormatoPolicíaca
Creado porAitor Gabilondo
César Benítez
IntérpretesJosé Coronado
Hiba Abouk
Álex González
Rubén Cortada
Samy Khalil
Stany Coppet
Ayoub El Hilali
Thaïs Blume
María Guinea
Elia Galera
Juan Manuel Lara
Susana Córdoba
Jesús Castro
Ahmed Younossi
Nerea Barros
País de orixeEspaña España
Episodios31
Produción
Duración75 min. aprox.
Emisión orixinal
Canle de orixeTelecinco Telecinco
Primeiro episodio4 de febreiro de 2014
Derradeiro episodio20 de abril de 2016
Na rede
http://www.telecinco.es/elprincipe/
IMDB: tt2651246 Filmaffinity: 426419
Facebook: elprincipetv Twitter: elprincipe_tv Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

El Príncipe foi unha serie de televisión española de drama e suspense, creada por Aitor Gabilondo e César Benítez, para Telecinco. A serie, producida por Mediaset España en colaboración con Plano a Plano, relata unha historia de amor xurdida entre un axente de policía occidental peninsular e unha moza musulmá, irmá dun narcotraficante. A maior parte das súas tramas transcorren no conflitivo barrio de El Príncipe Alfonso de Ceuta, próximo á fronteira con Marrocos.

A serie estreouse o 4 de febreiro de 2014 en España cunha emisión multicanle que lle outorgou bos rexistros de audiencia en horario de prime time. No seu lanzamento obtivo un 21,9% de cota de pantalla (27,7% en multicanle) e foi líder en todas as súas emisións durante a primeira tempada. O último capítulo da primeira tempada foi visto por 6 290 000 espectadores, obtendo un 33,3% de cota de pantalla.[1] A serie finalizou definitivamente o 20 de abril de 2016.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Na conflitiva barriada ceutí de El Príncipe, Fran (José Coronado), un veterano policía, non dubida en impoñer a orde recorrendo a métodos pouco ortodoxos. Isto parece perigar coa chegada de Morey (Álex González), un axente do CNI que usa a comisaría como tapadeira para investigar unha suposta colaboración da policía cunha rede xihadista. A súa situación complicarase coa chegada á súa vida de Fátima (Hiba Abouk), unha idealista profesora musulmá que trata de encontrar o seu irmán adolescente, Abdu (Samy Khalil), desaparecido hai algún tempo, e que se opón ás actividades delituosas do seu outro irmán, Faruq (Rubén Cortada), un dos maiores narcotraficantes do barrio.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]