Bernd Schneider

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBernd Schneider

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xullo de 1964 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
St. Ingbert, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeNicole Bierhoff

Instagram: bernd_schneider Editar o valor em Wikidata

Bernd Schneider é un expiloto de coches alemán. Naceu en Sankt Ingbert, o 20 de xullo do 1964. Correu na Fórmula 1 e no DTM. No DTM conseguiu 5 campionatos (1997, 2000, 2001, 2003 e 2006) e 2 subcampionatos (1996 e 2002), polo que é o piloto máis laureado da competicións de turismos alemá. Ademais, tamén foi campión do Campionato FIA GT en 1997, das 24 Horas de Spa en 1989 e 2013, das 24 Horas de Nürburgring en 2013, das 24 Horas de Dubai en 2013, das 12 Horas de Bathrust en 2013 e das 12 Horas do Golfo no ano 2013, tamén. Bernd Schneider sempre estivo vinculado á marca Mercedes-Benz.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xuventude[editar | editar a fonte]

Bernd comezou no karting sendo moi novo. Despois duns anos, o alemán fíxose con varios títulos coma o Campionato Europeo de Karting do ano 1982.

Monoprazas[editar | editar a fonte]

Máis tarde, no ano 1986, chegou á Fórmula 3 alemá, título que gañou no ano seguinte. Estes resultados chamaron a atención de moitos xefes, e en 1989, Schneider debutou na Fórmula 1 co equipo Zakspeed.

DTM[editar | editar a fonte]

Na tempada 1992, Schneider debutou no DTM. Ese ano finalizou terceiro, ao igual que no ano seguinte. Nos anos 1997, 2000, 2001, 2003 e 2006, Bernd Shneider conseguiu o título do DTM mentres que en 1996 e 2002 logrou o subtítulo.

Resistencia[editar | editar a fonte]

Bernd disputou durante moitos anos da súa carreira as 24 Horas de Le Mans. Pero o seu ano cumio neste tipo de carreiras foi o 2013. Nese ano, Bernd Schneider conseguiu as 24 Horas de Spa, as 24 Horas de Nürburgring, as 24 Horas de Dubai, as 12 Horas de Bathrust e as 12 Horas do Golfo.

Títulos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]