Samoxicia: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
iw + |
||
Liña 43: | Liña 43: | ||
[[ru:Жемайтия]] |
[[ru:Жемайтия]] |
||
[[sv:Samogitien]] |
[[sv:Samogitien]] |
||
[[szl:Žmudź]] |
|||
[[tr:Samogitya]] |
[[tr:Samogitya]] |
||
[[uk:Жмудь]] |
[[uk:Жмудь]] |
Revisión como estaba o 16 de xullo de 2008 ás 17:35
Lituania Menor Samoxicia Aukštaitija | Suvalkija Dzūkija |
Samoxicia ou Samoxitia (en samoxiciano: Žemaitėjė, en lituano Žemaitija;, en latín Capitanatus Samogitiae) é o nome dunha rexión etnohistórica correspondente á maior parte do occidente da actual Lituania, á beira do Mar Báltico, tendo por lindes: ao sur o río Neman que a separa da Borusia (actualmente Provincia de Caliningrado), ao norte o río Venta que a separa da Curlandia, mentras que os lindes orientais co resto da Lituania nunca foron totalmente definidos.
Segundo os documentos oficiais do actual estado lituano a Samoxicia ten unha área de 21.000 km² e unha poboación que ronda os 300.000 habitantes. A cidade considerada capital cultural é Telšē, sendo a antiga capital do Ducado de Samoxicia (Žemaičių seniūnija en lituano) a pequena cidade chamada antigamente Medininkai e hoxe Varniai.
Na actualidade (2007) o territorio samoxicio está repartido entre varios distritos (apskritis) lituanos: unha pequena zona occidental do de Caunas/Kaunas, o de Xiauliai/Šiauliai, o de Tauragė e Telxiai/Telšiai e a parte norte dos apskritis de Claipeda/Klaipėda e Marijampolė, constituíndo unha Rexión Etnocultural Lituana.