Tundra: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
traduzo
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: cv:Тундра
Liña 19: Liña 19:
[[ca:Tundra]]
[[ca:Tundra]]
[[cs:Tundra]]
[[cs:Tundra]]
[[cv:Тундра]]
[[da:Tundra]]
[[da:Tundra]]
[[de:Tundra]]
[[de:Tundra]]

Revisión como estaba o 2 de xullo de 2008 ás 21:01

Tundra de Alaska en verán

A tundra (do lapón "tunturi", chaira desprovista de árbores) é un terreo aberto e chan, de clima subglacial e subsolo xelado, carente de vexetación arbórea; solo cuberto de musgos e liques, e as veces pantanoso. Exténdese principalmente polo hemisferio norte: en Siberia, Alaska, norte de Canadá, sur de Grenlandia e a costa ártica de Europa. No hemisferio sur maniféstase con temperaturas moito máis parellas durante o ano e en lugares como o extremo sur de Chile e Arxentina, illas subantárticas como Xeorxia do Sur e Kerguelen, e en pequenas zonas do norte da Antártida preto ao nivel do mar.

Tamén existe a tundra por efecto de altura, como no Tíbet e en diversos niveis das montañas arredor do mundo.

Situación e clima

As tundras atópanse en rexións preto dos polos, onde os invernos son extremadamente fríos, os veráns curtos e frescos. Nelas viven animais como os osos polares, lobos marinos, focas, etc.

Vexetación

O delgado manto de vexetación está composto de liques, pastos e xuncos con raíces pouco profundas (porque o solo está sempre xeado) o que permite o desenvolvemento dunha extraordinaria fauna.

En verán, co desxeo, aparecen bases e pradarías de plantas anuais. Ademais da escasa vexetación, as poucas plantas que se conservan están acondicionadas para sobrevivir coa escasa calor diurna e conservan auga no seu interior.