Arenito: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 6: Liña 6:
{{Referencias}}
{{Referencias}}


[[Categoría:Rochas]]
[[Categoría:Petroloxía]]

Revisión como estaba o 20 de maio de 2008 ás 08:36

As arenitas[1] son rochas sedimentarias de tipo detrítico constituídas por areas aglutinadas por un cemento natural que xeralmente caracteriza a rocha. Despois da lulita, é a rocha sedimentaria máis importante. Distínguense facilmente, pois o seu aspecto é o da area da praia cuxos grans están cementados. O seu tacto é áspero e recorda ao dunha lixa. A súa cor é moi variábel, en función da natureza dos seus grans, do cemento e do ambiente sedimentario onde se orixinaron. A arenita está composta por partículas de tamaño comprendido entre 2 mm y 1/16 mm. Estas partículas son maioritariamente minerais resistentes á meteorización (cuarzo principalmente, micas, feldespatos y óxidos) e fragmentos de rochas.

Clasifícanse atendendo a composición dos seus grans (cuarzo, feldespatos e fragmentos de rochas) e a matriz que os engloba. Así, son nomes comúns de areíscas os de cuarciarenitas (areíscas de cuarzo), as arcosas (areíscas de feldespatos), grauvaca (rochas con máis do 15% de matriz) e litaneritas (rocas formadas por fragmentos de rocas). Estas últimas teñen nomes específicos que denotan o tipo de fragmentos de rocha como as calcarenitas (formadas por fragmentos de rochas carbonatadas).

Notas

  1. Cando a abundancia é un problema: o caso de arenisca, Un idioma preciso, Área de Linguaxes Especializadas SNL da Universidade de Santiago de Compostela - Canalciencia.com, número 20