Cuarta Internacional: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: da:Fjerde Internationale |
m bot Modificado: pt:Quarta Internacional |
||
Liña 28: | Liña 28: | ||
[[nn:Fjerde Internasjonalen]] |
[[nn:Fjerde Internasjonalen]] |
||
[[pl:IV Międzynarodówka]] |
[[pl:IV Międzynarodówka]] |
||
[[pt: |
[[pt:Quarta Internacional]] |
||
[[ru:Четвёртый интернационал]] |
[[ru:Четвёртый интернационал]] |
||
[[sv:Fjärde internationalen]] |
[[sv:Fjärde internationalen]] |
Revisión como estaba o 6 de maio de 2008 ás 23:36
A Cuarta Internacional foi unha organización de diversos partidos comunistas arredor do mundo, que traballaba en oposición ó estalinismo e o capitalismo. Os integrantes seguían as ideas do revolucionario Lev Trotski, e traballaban a prol do proletariado para acadar o socialismo.
Na Francia de 1938, Trotski e moitos dos seus seguidores, que foran expulsados da Unión Soviética, consideraban o Comintern perdido polo estalinismo e incapaz de lidera-lo proletariado internacional cara a toma do poder político. De modo que fundaron a súa propia internacional en contraposición, a IV Internacional. Na meirande parte da súa existencia, a IV Internacional foi acosada por axentes da KGB (Policía secreta soviética), reprimida polos países capitalistas, como Francia e os Estados Unidos, e calificada de ilexítima polos seguidores da Union Soviética e máis tarde do Maoísmo -posición que aínda hoxe manteñen-. Perante a Segunda Guerra Mundial, loitaron por manter contacto baixo condicións de ilegalidade e ataques constantes contra eles.
A IV Internacional sufriu unha escisión en 1940 e unha se cabe máis significativa en 1953. A pesares dunha reunificación parcial en 1963, son moitos os grupos que reclaman para si mesmos a continuidade da IV Internacional.