Tucídides: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Robot: Reemplazo automático de texto (-conceito +concepto)
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: lv:Tukidīds
Liña 68: Liña 68:
[[la:Thucydides]]
[[la:Thucydides]]
[[lb:Thukydides (Historiker)]]
[[lb:Thukydides (Historiker)]]
[[lv:Tukidīds]]
[[nl:Thucydides (historicus)]]
[[nl:Thucydides (historicus)]]
[[no:Tukydid]]
[[no:Tukydid]]

Revisión como estaba o 7 de abril de 2008 ás 10:30

Para o político ateniense homónimo, ver Tucídides (político).
Busto de Tucídides no Royal Ontario Museum, Toronto

Tucídides (grego Θουκυδίδης, Thukydídês, entre 460 e 455 a.C. –circa 400) foi un historiador grego e o autor da Historia da Guerra do Peloponeso, que narra a guerra do século V a.C. entre Esparta e Atenas. Esta obra considérase un clásico e representa a primeira do seu tipo.

Vida

Case todo o que se sabe da vida de Tucídides provén da súa propia Historia da Guerra do Peloponeso. O seu pai, Oloro, era de orixe tracia e estaba conectado coa realeza tracia. Era un home influente e adiñeirado. Posuía minas de ouro en Scapte Hyle, un distrito da costa tracia situado por frente da illa de Tasos. Tucídides, nacido en Alimos, estaba conectado através da súa familia co estadista e xeneral Milcíades e o seu fillo Cimón, líderes da vella aristocracia suplantada polos demócratas radicais. Tucídides vivíu entre os seus dous fogares en Atenas e Tracia. As súas conexións familiares puxéronno en contacto cos propios protagonistas da historia sobre a que escribiu.

Tería uns vinte tantos anos cando se declarou a Guerra do Peloponeso en 431. Contraíu a peste que asolou Atenas entre 430 e 427 que se levou a Pericles en 429 xunto con outros miles de atenienses. En 424 foi nomeado estratego (xeneral) e asignóuselle o mando dunha escuadra de sete barcos estacionados en Tasos, probabelmente polas súas relacións coa zona. Durante o inverno de 424/3, o xeneral espartano Brásidas atacou Anfípolis, a medio día de navegación ao oeste de Tasos na costa tracia. Eucles, o comandante ateniense de Anfípolis pediulle axuda a Tucídides. Brásidas, coñecedor da súa presenza e da súa influencia sobre a xente de Anfípolis, tiña medo de que chegase axuda polo mar, polo que actuou rapidamente para ofrecerlles uns termos de rendición moderados aos habitantes, que aceptaron. Así, cando Tucídides chegou, Anfípolis estaba xa baixo control espartano. Anfípolis era de importancia estratéxica considerábel e a noticia causou tan grande consternación en Atenas que foi exilado. Utilizando a súa situación de Atenas para navegar libremente entre os aliados peloponesios, tivo a oportunidade de ver a guerra desde a perspectiva dos dous bandos. Durante este período levou a cabo unha parte importante da súa investigación histórica.

O resto dos datos que se coñecen da súa vida procede de fontes antigas posteriores menos fiábeis. Segundo Pausanias, alguén de nome Enobio logrou que se aprobase unha lei que lle permitise a Tucídides voltar a Atenas, propabelmente pouco despois da rendición desta e do final da guerra no ano 404. Pausanias engade que Tucídides foi asasinado pola espalda en Atenas. Existen dúbidas sobre estes feitos, dado que hai indicios que permiten facer pensar que vivía no 397. Plutarco asegura que os seus restos foron devoltos a Atenas e colocados no mausoleo familiar de Cimón.

O remate abrupto da súa narrativa, que se detén no medio do ano 411 parece suxerir que morreu cando aínda estaba a escribir o libro.

Educación

Aínda que non hai datos sólidos que o avalen, o carácter retórico da súa narrativa suxire que Tucídides estaba polo menos familiarizado cos ensinamentos dos sofistas. Estes eran relatores ambulantes, que frecuentaban Atenas e outras cidades gregas.

Tamén se ten suxerido que o foco que Tucídides pon na causa e efecto, a súa obsesión cos fenómenos observábeis excluíndo outros factores e o seu estilo de prosa austero estaban influenciados polos métodos e pensamento dos primeiros autores médicos, tales como Hipócrates de Kos. Tense mesmo asegurado que tiña preparación médica.

Ambas estas dúas teorías son inferencias a partir do carácter percibido na súa Historia, pero non hai proba firme de nengunha delas.

Carácter

Tense dito que o seu carácter era seco e pesimista. En ocasións, insunúase na súa Historia un sentido do humor sarcástico. Tucídides admiraba a Pericles e aprobaba o seu poder sobre o pobo, aínda que detestaba os aduladores que o rodeaban. Tucídides non concordaba coa democracia radical que trouxo Pericles pero admitía que era aceptábel nas mans dun bon lider.

Historia da Guerra do Peloponeso

Tucídides escribiu un único libro. Todo o seu legado á historiografía está contido nesta densa historia da guerra que durante vinte sete anos libraron Atenas e os seus aliados contra Esparta e os seus. A historia arranca perto do final do vixésimo primeiro ano.

Tucídides é considerado como un dos primeiros verdadeiros historiadores. Ao contrario que o seu precedesor Heródoto (chamado por veces "o pai da historia"), que incluía rumores e referencias a mitos e aos deuses nos seus escritos, Tucídides consultaba documentos escritos e entrevistaba aos participantes nos acontecementos que rexistra. Isto non impide que adolecese de preconceptos inconscientes, pero Tucídides é o primeiro historiador que tenta ser completamente obxectivo. Mediante o seu descobremento da causalidade histórica creou o primeiro método científico da Historia.

Unha diferenza fundamental entre a Historia de Tucídides e os estudos historiográficos modernos é que a súa inclúe longos discursos que, como el mesmo indica, eran o mellor que podía recordar do que se dixera (ou, talvez, do que pensaba que se debería ter dito). Estes discursos teñen unha factura literaria, como o do funeral de Pericles, que inclúe unha defensa moral apaixonada da democracia.

Un dos temas centrais de Tucídides, apuntado por primeira vez por Jacqueline de Romilly xusto despois da Segunda Guerra Mundial, é a ética do imperialismo ateniense. Outros autores, incluíndo a Richard Ned Lebow, rexeitan a percepción habitual de Tucídides como un historiador da real-politik crúa.

Tucídides non perde o tempo en discutir a arte, literatura ou sociedade na que transcorre o seu libro e no medio da cal medrou. Estaba a escribir sobre un acontecimento e non sobre un periodo, polo que non tratou nada que non considerase que estivese relacionado.