Vogal temática: Diferenzas entre revisións
arranxo ligazón |
desdobro artigo para darlle cabida en Categoría:Gramática da lingua galega coa denominación A vogal temática e a conxugación |
||
Liña 10: | Liña 10: | ||
Na descrición sincrónica do verbo galego realizada por [[Antón Santamarina]] aplícase o método proposto por Mattoso Câmara, con idéntica segmentación e consideración da vogal temática verbo dos outros tres constituíntes. E o mesmo se fai na Gramática Galega<ref>Álvarez, R., Monteagudo, H., Regueira, X. L. (1986): ''Gramática Galega'', Vigo. Galaxia, 1995</ref>. |
Na descrición sincrónica do verbo galego realizada por [[Antón Santamarina]] aplícase o método proposto por Mattoso Câmara, con idéntica segmentación e consideración da vogal temática verbo dos outros tres constituíntes. E o mesmo se fai na Gramática Galega<ref>Álvarez, R., Monteagudo, H., Regueira, X. L. (1986): ''Gramática Galega'', Vigo. Galaxia, 1995</ref>. |
||
==A vogal temática e conxugación== |
|||
A [[lingua galega]], tal cal outras [[Lingua románica|linguas románicas]], reduciu os catro grupos en que se dividía a conxugación [[Latín|latina]] a tres, ó confundírense os verbos en -ĒRE (2ª conxugación latina) e -ĚRE (3ª conxugación latina) ó desaparecer a [[cantidade]]. |
|||
Os verbos da terceira conxugación latina (-ĚRE) pasaron a formar parte da segunda (-er) ou da terceira (-ir) romance recompoñéndose o sistema verbal en tres conxugacións: |
|||
:*Verbos co infinitivo rematado en -AR ou primeira conxugación |
|||
:*Verbos co infinitivo rematado en -ER ou segunda conxugación |
|||
:*Verbos con infinitivo rematado en -IR ou terceira conxugación. |
|||
[[Mattoso Câmara]], ó analizar a flexión verbal do [[Lingua portuguesa|portugués]] afirma que esta clasificación tripartita ''é uma aproximaçáo da realidade. Na verdade, em face de uma 1ª classe, ou conjugaçáo I (CI) há outra classe que em certas formas se divide numa conjugaçáo II (CII) e numa conjugaçáo III (CIII)''<ref>Câmara Jr., J. Mattoso (1982): ''Estrutura da língua portuguesa''. Petrópolis: Vozes, 1982, páx. 105</ref>. Para este lingüísta, o feito de que se escolla o infinitivo é unha convención da descrición, debido a que é "a forma verbal mais indefinida quanto ás noçoes gramaticais'<ref>Câmara Jr., J. Mattoso (1982): ''Estrutura da língua portuguesa''. Petrópolis: Vozes, 1982, páx. 105</ref>. |
|||
Ó describi-lo verbo galego [[Antón Santamarina]] (1974)<ref>Santamarina, Antón (1974): ''El verbo gallego''. Anexo 4 de Verba. Santiago</ref> salienta que a clasificación en conxugacións se basea na tan frecuente coincidencia dos verbos na desinencia de infinitivo (-ar, -er, -ir), pero o que realmente indica a conxugación á que pertence unha forma verbal ou todo o paradigma é a vogal temática, tónica no infinitivo: /a/ na primeira conxugación /e/ na segunda e /i/ na terceira; velaí o motivo polo que se toma a desinencia do infinitivo como indicador de clase mórfica, xa que, en posición átona, a vogal temática está suxeita a determinadas [[neutralización]]s, que levan en certos casos á confluencia da segunda e da terceira conxugacións nun só grupo mórfico, por exemplo, ''coll'''e'''r > coll'''e'''s ante part'''i'''r > part'''e'''s''. Así a todo, o [[verbo]] galego achega un gran conservadorismo nos seus constituíntes morfolóxicos ó non se rexistraren moitas das neutralizacións temáticas presentes noutras linguas próximas. |
|||
Considerando a totalidade dos verbos, regulares e irregulares, pode falarse da existencia de catro [[conxugación]]s nas formas nominais e no tema de presente: (1ª - cantar, 2ª - deber, 3ª - vivir, e 4ª - ir, pór), con vogal temática /a, e, i, Ø/ respectivamente, fronte a cinco no tema de perfecto (1ª, cant-a-ra, 2ª deb-[e]-ra, 3ª viv-i-ra, 4ª fo--ra, 5ª coub-[ę]-ra), coas vogais temáticas /a, e, i, Ø, ę/, respectivamente. |
|||
Considerando a vogal temática do [[tema de presente]] ante a vogal temática das formas do [[tema de perfecto]], tendo en conta os [[verbo irregular|verbos irregulares]] na [[Normativa oficial do galego - Verbo#Paradigmas dos verbos irregulares|''Normativa oficial do galego'']], podemos distinguir as seguintes clases mórficas: |
|||
[[Imaxe:Clases mórficas do verbo galego.png|center|thumb|666px|Clases mórficas do idioma galego]] |
|||
==A vogal temática nos verbos regulares== |
|||
Hai tres conxugacións regulares atendendo á vogal temática: ''andar'', ''coller'' e ''adquirir'' pois en posición tónica hai tres vogais temáticas: /a/ para a primeira conxugación, /e/ para a segunda, /i/ para a terceira. Non acontece o mesmo en posición átona, ou en certos contextos, xa que teñen lugar [[neutralización]]s ou outras variacións de fipo fonolóxico. Débese tamén considerar que a tripla oposición entre /a/-/e/-/i/ desaparece na primeira, segunda e terceira persoas do singular do perfecto e mais en todo o imperfecto de indicativo. |
|||
[[Image:Verbo regular gl morfemas.jpg|center|thumb|555px|Estrutura dos verbos regulares]] |
|||
<big>'''Observacións ó gráfico'''</big> |
|||
#En verbos como ''ler'' e ''rir'' a vogal temática é absorbida pola vogal do radical nestas formas: ''le-s, le, ri-s, ri.'' |
|||
#Naquelas formas en que queda en posición átona postónica, a vogal temática da segunda e terceira conxugación neutralízase en /E/, fronte á vocal /a/ da primeira conxugación: Presente de indicativo (''fal-a-s, fal-a, fal-a-n'' / ''com-e-s, com-e, com-e-n; part-e-s, part-e, part-e-n'') e imperativo: ''fal-a / com-e, part-e.'' |
|||
#A terceira persoa do [[pretérito de indicativo]] é /O/ ante a [[semivogal]] posterior /w/ (fal-o-u), aínda que para esta persoa na [[lingua estándar]] e en parte do territorio lingüístico galego se constata unha tripla oposición: ''fal-o-u / com-e-u / part-i-u'', considérese a presenza de dúas variantes dialectais na lingua galega: ''and-o-u / coll-e-u, part-e-u,'' ou ''and-o-u / coll-i-u, part-i-u''. |
|||
#Todo o [[copretérito de indicativo]], a primeira e segunda persoa do singular do pretérito de indicativo e o [[participio]] establecen a oposición entre /a/ para a primeira conxugación e /i/ para asegunda e terceira: and-a-do / coll-i-do, part-i-do; and-a-ba / coll-í-a, part-í-a; and-a-ches / coll-i-ches, part-i-ches; and-e-i / coll-í-n, part-í-n. |
|||
#Nalgunhas falas do [[Salnés]] e da [[ría da Arousa]], as tres conxugacións conflúen nunha mesma VT para a P1: ''and-í-n, coll-í-n, part-í-n''. |
|||
#Pódese achar dialectalmente unha tripla diferenciación na segunda persoa do singular do pretérito de indicativo (''and-a-ches / coll-e-ches / part-i-ches''). |
|||
#Hai [[Participio|participios atemáticos]], como ence-Ø-so, vol-Ø-to, mor-Ø-to, aber-Ø-to, enxoi-Ø-to, mu-Ø-do, na-Ø-do. |
|||
==A vogal temática nos verbos irregulares== |
|||
Os verbos irregulares diferencian con claridade o tema de presente do tema de perfecto. No tema de presente a maior parte deles aseméllanse, aínda que con certas peculiaridades, ós verbos regulares da segunda conxugación, mentres que ''estar'' e ''dar'' seguen case sempre o modelo dos verbos da primeira conxugación e ''dicir'' e ''vir'' o da terceira conxugación. Así a todo, no tema de perfecto todos teñen unha vogal temática común /E/, agás ''ver'', que se comporta, neste tema, igual cós verbos da terceira conxugación, a pesar de que no tema de presente segue os verbos da segunda conxugación do tipo de ''ler'' |
|||
. |
|||
==Referencias== |
==Referencias== |
||
<references/> |
<references/> |
||
==Véxase tamén== |
==Véxase tamén== |
||
*[[A vogal temática e a conxugación|A vogal temática e a conxugación na lingua galega]] |
|||
*[[Constituíntes verbais]] |
*[[Constituíntes verbais]] |
||
*[[Verbo regular]] e [[verbo irregular]] |
*[[Verbo regular]] e [[verbo irregular]] |
Revisión como estaba o 27 de marzo de 2008 ás 00:59
A vogal temática é un constituínte da flexión verbal que permite a clasificación dos verbos en conxugacións. Está situada entre a raíz verbal e o sufixo modo-temporal, se ben non tódalas formas do paradigma verbal teñen vogal temática, é o caso do presente de subxuntivo.
Así a todo, hai diverxencias en canto á consideración da entidade ou localización da vogal temática. Tres son as interpretacións que se fan da mesma:
- a vogal temática é parte do radical,
- a vogal temática é independente da raíz e do morfema modo-temporal
- a vogal temática é parte do morfema de modo e tempo.
Na análise da flexión verbal do portugués, Mattoso Câmara segmenta catro constituíntes: o radical (R), formado por un morfema lexical que pode levar morfemas derivacionais; a vocal temática (VT), que amplía o radical e serve para clasificar morficamente os verbos; o sufixo modotemporal (SMT), con amalgama das nocións gramaticais de modo e tempo; o sufixo número-persoal (SNP), onde están amalgamadas as nocións de número e persoa do suxeito. Os dous primeiros constituíntes forman o tema (T) e os outros o sufixo flexional (SF).
Na descrición sincrónica do verbo galego realizada por Antón Santamarina aplícase o método proposto por Mattoso Câmara, con idéntica segmentación e consideración da vogal temática verbo dos outros tres constituíntes. E o mesmo se fai na Gramática Galega[1].
Referencias
- ↑ Álvarez, R., Monteagudo, H., Regueira, X. L. (1986): Gramática Galega, Vigo. Galaxia, 1995
Véxase tamén
- A vogal temática e a conxugación na lingua galega
- Constituíntes verbais
- Verbo regular e verbo irregular
- Os verbos regulares galegos
- Category:Lingua galega
- Normativa oficial do galego - Verbo
- Perífrase verbal
- O verbo no Curso de lingua galega (Wikibooks)
Bibliografía
- Álvarez, R., Monteagudo, H., Regueira, X. L. (1986): Gramática Galega, Vigo. Galaxia, 1995
- Câmara Jr., J. Mattoso (1970): Problemas de linguística descritiva. Petrópolis: Vozes, 1970
- Câmara Jr., J. Mattoso (1982): Estrutura da língua portuguesa. Petrópolis: Vozes, 1982
- Díaz Regueiro, M. (1 992): Os verbos galegos, Santiago: Xunta de Galicia.
- Femández Re¡, F. (1978/1979): O verbo. Contribución á dialectoloxía galega. 2 vol. Tese de Doutoramento. Univ. de Santiago.
- Femández Re¡, F. (1986): "Conservadurismo e innovación no sistema de desinencias verbais do galego: o perfecto", in D. Kremer (ed.): Actes du XVIII Congrès International de Linguistique et de Philologie Romanes (Université de Trier, 1986). Vol. 3. Tübingen: Max Niemeyer, 1991, pp. 632-644.
- Femández Rei, F.: "Vocal temática e conxugación verbal. A expresión da clase mórfica en español, catalán e galego moderno", in Homenaxe ó profesora Pilar Vázquez Cuesta Santiago: Universidade. 1991.
- Instituto da Lingua Galega (1990): Atlas Lingüístico Galego. Vol. 1: Morfoloxía verbal. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza.
- Instituto da Lingua Galega / Real Academia Galega (1982): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Santiago: ILG / RAG, 1995.
- Nicolás, R. (1993): Diccionario dos verbos galegos. Pontevedra: O Cumio.
- Piel, J. M. (1944): "A flexao verbal em portugês", separata de Biblos 20.
- Pontes, E. (1973): Estrutura do verbo no português coloquial. Petrépolis: Vozes.
- Santamarina, A (1974): El verbo gallego. Anexo 4 de Verba. Santiago.