Adelchis: Diferenzas entre revisións
m Category->Categoría |
m bot Engadido: la:Adelchis (rex Langobardorum) |
||
Liña 26: | Liña 26: | ||
[[fr:Adalgis]] |
[[fr:Adalgis]] |
||
[[it:Adelchi (principe)]] |
[[it:Adelchi (principe)]] |
||
[[la:Adelchis (rex Langobardorum)]] |
|||
[[uk:Адельчіз]] |
[[uk:Адельчіз]] |
Revisión como estaba o 22 de xaneiro de 2008 ás 15:22
Adelchis foi un príncipe longobardo de Italia, fillo do rei Desiderio. Sendo elixido o seu pai en 757, foi asociado ao trono en 759.
Tras a capitulación do seu pai en Pavía cercada polos francos de Carlomagno (marzo de 774), vendo o final irremediábel do reino longobardo, decide fuxir e refúxiase en Bizancio (775) onde recibe o título de patricio.
Desde Bizancio, espera poder reconquistar o reino longobardo e tomar o poder, pero fracasa na súa tentativa de invasión de Italia meridional, apoiado pola emperatriz Irene; é rexeitado en 787 por unha coalición composta polo xove príncipe longobardo Grimoaldo III de Benevento, vasalo de Carlomagno, e os francos. Morre no curso da expedición ou pouco despois en Bizancio, en 788.
Inspirou a obra do escritor italiano Manzoni, «Adelchi» (nome italiano de Adelchis)