Manuel Domínguez Benavides: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
arranxos
Xas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8: Liña 8:

Cando rematou a guerra, exiliouse en [[México]], onde militou no Grupo Jaime Vera do PSOE. Pouco antes do seu falecemento, pasouse ao [[PCE]]. Foi secretario de redacción da revista ''[[Reconquista de España]]'', desenvolvendo ademais unha incansábel labor como escritor, publicando varias novelas sobre episodios de la guerra civil, entre elas, a máis coñecida, ''La Escuadra la mandan los cabos'', aparecida en [[1944]].

Publicou cinco novelas, unha obra teatral, unha biografía e dúas reportaxes noveladas, ademais dun ensaio e un estudo histórico.

Faleceu no exilio en México, no ano 1947.
Faleceu no exilio en México, no ano 1947.

Revisión como estaba o 24 de decembro de 2007 ás 01:50

Manuel Domínguez Benavides (Ponteareas, 19 de abril de 1895 - México, 19 de outubro de 1947) foi un escritor e político galego.

Autodidacta, formado nas Casas del Pueblo e Ateneos Populares, a carencia de estudos, non foi impedimento para exercer como periodista, redactor do popular semanario La Estampa e novelista de éxito. Con 26 anos, gañou o premio Gregorio Pueyo, que editou, en 1922. Tamén escribiu unha comedia coa que obtivo en 1928 o segundo premio nun concurso do ABC.

Residiu alternativamente en Madrid e Barcelona, militando no PSOE. En 1933, publica a súa primeira novela social Un hombre de treinta años, de corte autobiográfico, á que se sumou ao ano seguinte El último pirata del mediterráneo, un dos grandes éxitos populares da época.

Na guerra civil foi comisario da flota republicana. En 1938 asistiu xunto a José Bergamín e Quiroga Pla, á Conferencia extraordinaria da Asociación Internacional de Escritores para a Defensa da Cultura.

Cando rematou a guerra, exiliouse en México, onde militou no Grupo Jaime Vera do PSOE. Pouco antes do seu falecemento, pasouse ao PCE. Foi secretario de redacción da revista Reconquista de España, desenvolvendo ademais unha incansábel labor como escritor, publicando varias novelas sobre episodios de la guerra civil, entre elas, a máis coñecida, La Escuadra la mandan los cabos, aparecida en 1944.

Publicou cinco novelas, unha obra teatral, unha biografía e dúas reportaxes noveladas, ademais dun ensaio e un estudo histórico.

Faleceu no exilio en México, no ano 1947.

Véxase tamén

Ligazóns externas