Fusion: Diferenzas entre revisións
m Bot: Estandarizando interwiki |
m Bot:formateando categorías en maíuscula |
||
Liña 7: | Liña 7: | ||
O fusion non recibe moita difusión nos medios tradicionais, posiblemente debido á súa complexidade, á falta de voces e á lonxitude usual dos temas. Aínda así en Xapón, Sudamérica e, sobre todo, en Europa ten moita máis acollida do que en Norteamérica (onde é máis comunmente coñecido coma ''jazz rock''). |
O fusion non recibe moita difusión nos medios tradicionais, posiblemente debido á súa complexidade, á falta de voces e á lonxitude usual dos temas. Aínda así en Xapón, Sudamérica e, sobre todo, en Europa ten moita máis acollida do que en Norteamérica (onde é máis comunmente coñecido coma ''jazz rock''). |
||
[[Categoría: |
[[Categoría:Xéneros musicais]] |
||
[[da:Fusion (musik)]] |
[[da:Fusion (musik)]] |
Revisión como estaba o 12 de decembro de 2007 ás 08:40
O fusion (ou jazz-rock fusion ou jazz fusion) é un xénero musical que mestura elementos do jazz con outros estilos musicais, particularmente rock, funk, R&B, música electrónica e músicas folclóricas. Os álbunes de fusion (incluso os feitos polo mesmo artista) acostuman incluir varios destes estilos musicais.
A finais dos 1960, os músicos de jazz comezaron a mesturar as formas e as técnicas interpretativas do jazz cos instrumentos eléctricos do rock e os ritmos do soul e o R&B. Ó mesmo tempo, algúns artistas de rock comezaron a incluir elementos do jazz á súa música. Os 70 foron a década do fusion, mais o estilo seguiu vivo até hoxe. Máis ca coma un estilo musical codificado, o fusion pode verse coma unha tradición ou aproximamento musical. A unha parte do rock progresivo tamén se lle chama fusion.
O fusion é tipicamente instrumental, adoito con compases e ritmos complexos e temas moi longos, incluíndo longas improvisacións. Moitos dos máis eminentes músicos de fusion combinan un grande virtuosismo con complexas composicións e a improvisación en métricas raramente vistas noutras formais musicais occidentais. Entre compositores de jazz máis recoñecidos neste estilo atópanse Dave Brubeck e Don Ellis.
O fusion non recibe moita difusión nos medios tradicionais, posiblemente debido á súa complexidade, á falta de voces e á lonxitude usual dos temas. Aínda así en Xapón, Sudamérica e, sobre todo, en Europa ten moita máis acollida do que en Norteamérica (onde é máis comunmente coñecido coma jazz rock).