Etnoloxía: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de téxto automático (-== Véxase tamén == +==Véxase tamén==)
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:)
Liña 19: Liña 19:
* [[Artes e tradicións populares]]
* [[Artes e tradicións populares]]


[[Category:Ciencias sociais]]
[[Categoría:Ciencias sociais]]
[[Category:Socioloxía]]
[[Categoría:Socioloxía]]
[[Category:antropoloxía]]
[[Categoría:antropoloxía]]


[[da:Etnologi]]
[[da:Etnologi]]

Revisión como estaba o 22 de novembro de 2007 ás 22:42

A etnoloxía é a ciencia social que estuda e compara os diferentes pobos ou razas do mundo. Por algúns autores é considerada unha disciplina e metódo de investigación da antropoloxía.

A etnoloxía, na súa acepción orixinal, é o estudo das sociedades primitivas, aínda que, co desenvolvemento da antropoloxía, o termo "primitivo" foi abandonado por se considerar que xustificaba preconceptos étnicos. Así, actualmente dise que etnoloxía é o estudo das características de calquera etnia, isto é, agrupamento humano -pobo ou grupo social- que presenta algunha estrutura socio-económica homoxénea, onde en xeral os membros teñen interaccións cara a cara, e hai unha comuñón de cultura e de lingua. Este estudo pretende establecer liñas xerais e de desenvolvimento das sociedades.

A etnoloxía estuda sistematicamente e procura estabelecer relacións comparativas entre as características dos diferentes pobos humanos dende diferentes aspectos como son:

  • A diversidade cultural: A Etnoloxía concibe a cultura como unha pluralidade e en oposición á natureza. Así, o estudo da cultura obriga á análise das relacións que unen e separan ambas dimensións nas sociedadeé humanas e tamén a esclarecer o que é universal no home e o que é arbitrario no seu comportamento, xerando unha reflexión sobre os nexos que unen as leis naturais coas regras culturais.
  • O parentesco entre diferentes sociedades e as súas influencias.
  • A subsistencia e sistemas económicos das culturas ou civilizacións.
  • A relixión e expresión simbólica transcendental.
  • A organización familiar, sistemas sociais e políticos.

Se bioloxicamente se clasifica ó home como homínido, etnoloxicamente debe clasificarse como humánido.

Véxase tamén