Xurisprudencia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:)
Liña 19: Liña 19:
* [[Ordenamento xurídico]]
* [[Ordenamento xurídico]]


[[Category:Dereito procesual]]
[[Categoría:Dereito procesual]]

Revisión como estaba o 22 de novembro de 2007 ás 21:18

A Xurisprudencia é a doutrina uniforme dos Tribunais expresada co gallo da resolución dos asuntos sometidos á súa xurisdición respecto dunha cuestión xurídica sometida a interpretación. Enténdese que existe xurisprudencia, no caso de España, cando se producen dúas ou máis resolucións xudiciais consontes e unánimes respecto da cuestión litixiosa. Máis rigorosamente, constitúe xurisprudencia soamente aquela doutrina emanada do Tribunal Supremo, se ben cando se trata de Tribunais inferiores xerarquicamente, adóitase chamar xurisprudencia menor.

A Xurisprudencia complementa o ordenamento xurídico, discutíndose se é unha verdadeira fonte do dereito. A opinión maioritaria é que a xurisprudencia non constitúe fonte do dereito, senón que os Xulgados e Tribunais se limitan a aplicalo, non a crealo. Nos países de tradición anglosaxona, porén, o precedente si constitúe fonte do dereito.

Só constitúe xurisprudencia aquela doutrina que serve para fundamentar o sentido da resolución, non os demais argumentos expresados "de paso" ou obiter dicta.


Véxase tamén