Fontes do dereito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo Fontes do Dereito expresa dunha forma gráfica as figuras que serven para constituír as normas de convivencia dunha determinada sociedade.

Son fundamentos e ideas que axudan ao Dereito a realizar o seu fin.

O Dereito Occidental (no Sistema Romano Xermánico ou Sistema de Dereito continental) tende a entender como fontes as seguintes:

  • A Constitución, como norma suprema, que, á súa vez, contén e recolle ideas, crenzas, e principios nos que se basea a sociedade á que vai destinada
  • A Lei, entendida de xeito amplo, como norma xurídica, o que incluiría toda disposición de carácter normativo, de rango inferior á constitución, á que se somete, e que provén de calquera órgano con competencia para ditala
  • A Xurisprudencia, entendida como a doutrina dos Tirbunais que apican a lei
  • O Costume, que consiste nun uso consciente e xerador de dereitos e obrigas por parte da sociedade ou do pobo
  • Os Principios xerais do dereito, como ideas primixenias e fundamentais nas que se basea a convivencia pacífica dunha sociedade, pertencentes ao acervo cultural dun pobo, e que adoitan ser comúns ás diferentes culturas da humanidade ou polo menos do mesmo contorno.
  • A Doutrina, entendida como a opinión dos expertos do dereito, que pola súa autoridade crean conviccións nos axentes xurídicos.

Asimismo no marco do Dereito internacional, o Estatuto da Corte Internacional de Xustiza, enumera como fontes:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]