Tenzón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xosé (conversa | contribucións)
m interwiki
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:)
Liña 9: Liña 9:
== Ligazóns externas ==
== Ligazóns externas ==
*[http://centros.edu.xunta.es/iesvalminor/departamentos/galego/html/cantiga_de_tenzon.htm Descrición da tenzón e do partimen]
*[http://centros.edu.xunta.es/iesvalminor/departamentos/galego/html/cantiga_de_tenzon.htm Descrición da tenzón e do partimen]
[[Category:literatura]]
[[Categoría:literatura]]
[[Category:Literatura galega medieval]] {{semiw}}
[[Categoría:Literatura galega medieval]] {{semiw}}


[[fr:tençon]]
[[fr:tençon]]

Revisión como estaba o 22 de novembro de 2007 ás 14:38

A tenzón ou tenção é un xubxénero da lírica medieval galego-portuguesa en que aparecen as críticas mutuas entre xograis e trobadores.

A tenzón é un xénero menor das cantigas de escarnio. É unha cantiga de carácter dialogado en que, polo xeral, un dos interlocutores fala nunha estrofa e outro na seguinte. Na Arte de Trobar dise que as tenzóns poden ser de amor, de amigo ou de escarnio, mais hoxe téndese a falar de tenzóns coma unha variedade das cantigas de escarnio e maldizer.

Nesta composición dialogan un trobador e un xograr, co interese conseguinte da diferenza social e cultural que podían presentar. O primeiro que intervén elixe o argumento, o outro debe responder aténdose ó mesmo esquema métrico e rítmico. Hai pois unha tendencia á ridiculización pública e son, sen dúbida ningunha, a mellor crónica da vida e da sociedade da época.

Consérvanse trinta tenzóns galego-portuguesas: vinte e oito son burlescas e só dúas son de amor. Este xénero tivo o seu apoxeo na época de Afonso X o Sabio, xa que case todas corresponden ao período entre 1250 e 1280.

Ligazóns externas