Abanqueiro Sociedade Deportiva: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiquetas: Revertida edición de código 2017
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Etiquetas: Reversión manual Revertida edición de código 2017
Liña 52: Liña 52:


[[Categoría:Deporte en Boiro]]
[[Categoría:Deporte en Boiro]]
[[Categoría:Equipos de fútbol da provincia da Coruña]]
[[Categoría:Equipos de fútbol de Galicia]]
[[Categoría:Fútbol de Galicia sen imaxes]]
[[Categoría:Fútbol de Galicia sen imaxes]]

Revisión como estaba o 30 de abril de 2021 ás 14:34

Abanqueiro S.D.
NomeAbanqueiro Sociedade Deportiva
Fundación1985
EstadioA Charca, Abanqueiro
Inauguración1986
Capacidade700 Aficionados
PresidenteGalicia José Blanco López (Cocó)
LigaTerceira Autonómica de Galicia
2010-11
VestimentaRasan
PatrocinadorRio Blanco
Na rede
http://www.abanqueirosd.com
Titular
Alternativo

O Abanqueiro Sociedade Deportiva é un equipo galego de fútbol fundado en 1985 na parroquia de Abanqueiro (Boiro). Xoga como local no campo da Charca.

O equipo de afeccionados xoga na Terceira Autonómica de Galicia, e en total conta con catorce equipos e máis de 250 deportistas: un equipo de veteráns (1ª División), un equipo de Xuvenís (2ª Autonómica), un equipo de Cadetes (1ª Autonómica), dous equipos de Infantís (Liga Galega e 2ª Autonómica), tres equipos de Alevíns (1ª Autonómica), dous equipos de Benxamíns (1ª Autonómica) e tres equipos de Prebenxamíns (liga local de Boiro e liga de fútbol 8 da Delegación de Santiago de Compostela da Federación Galega de Fútbol).

Historia

Debuta en partido oficial en setembro de 1985 na categoría de 2ª Autonómica. Ese ano disputa os seus partidos como local no campo de Valiño-Cabo de Cruz. O 19 de outubro de 1986 inaugurouse o campo de fútbol da Charca, onde xoga na actualmente. Nas seguintes temporadas foi progresando o club e uns anos despois creouse outro equipo na categoría xuvenil. Porén, en 1993 estivo a piques de desaparecer por mor da dimisión do presidente, encargándose algúns socios da xunta directiva.

Torneo Internacional F7

O equipo organiza un torneo das categorías benxamín e alevín, que conta coa participación das mellores escolas galegas de fútbol, como o Deportivo da Coruña ou o Celta de Vigo. O primeiro ano, en 2007, disputouse na Charca, e nas seguintes edicións nas instalacións municipais de Vista Alegre.

Véxase tamén

Ligazóns externas