Species Plantarum: Diferenzas entre revisións
m →top: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura| |
Sen resumo de edición |
||
Liña 9: | Liña 9: | ||
Estableceu os nomes das especies como un [[Nomenclatura binominal|nome binominal]] e agrupounas en xéneros e familias, dando orixe ás [[categoría taxonómica|categorías taxonómicas]]. |
Estableceu os nomes das especies como un [[Nomenclatura binominal|nome binominal]] e agrupounas en xéneros e familias, dando orixe ás [[categoría taxonómica|categorías taxonómicas]]. |
||
O volume nº 1 da primeira edición abrangue 11 páxinas sen numerar nas páxinas de introdución e do 1 |
O volume nº 1 da primeira edición abrangue 11 páxinas sen numerar nas páxinas de introdución e do 1 ó 560, mentres que o volume 2 refírese ás páxinas 561 a 1.200, máis 31 páxinas sen numerar de índice, adicións e erros. |
||
Logo da súa primeira edición, esta obra tivo varias edicións, continuando despois de que o seu autor finase. ''Species Plantarum'' tamén marca o punto de partida dun grande auxe na popularidade da ciencia, e se podería dicir que é unha das publicacións máis importantes da bioloxía. |
Logo da súa primeira edición, esta obra tivo varias edicións, continuando despois de que o seu autor finase. ''Species Plantarum'' tamén marca o punto de partida dun grande auxe na popularidade da ciencia, e se podería dicir que é unha das publicacións máis importantes da bioloxía. |
Revisión como estaba o 22 de setembro de 2020 ás 16:07
Species Plantarum, (abreviado Sp. Pl.), é unha obra botánica que foi publicada en 1753, coma un traballo en dous volumes por Carl von Linné. A súa principal importancia radica en que é o punto de partida da nomenclatura botánica que se usa hoxe en día. Isto quere dicir que non se aceptan como "validamente publicados" os nombs de táxones anteriores á data de publicación deste libro, e os primeiros táxones "validamente publicados" son os que aparecen neste libro.
Características
Contiña todas as plantas coñecidas daquela, e permitía a doada identificación de plantas, mediante un sistema de clasificación que as agrupaba en especies, xéneros, ordes e clases. Mediante o conteo de pistilos e estames, calquera persoa, aínda sen moitos coñecementos sobre plantas, era quen de chegar a nivel do xénero ao que a planta pertencía.
Estableceu os nomes das especies como un nome binominal e agrupounas en xéneros e familias, dando orixe ás categorías taxonómicas.
O volume nº 1 da primeira edición abrangue 11 páxinas sen numerar nas páxinas de introdución e do 1 ó 560, mentres que o volume 2 refírese ás páxinas 561 a 1.200, máis 31 páxinas sen numerar de índice, adicións e erros.
Logo da súa primeira edición, esta obra tivo varias edicións, continuando despois de que o seu autor finase. Species Plantarum tamén marca o punto de partida dun grande auxe na popularidade da ciencia, e se podería dicir que é unha das publicacións máis importantes da bioloxía.
Linné publicou a segunda e maila terceira edición desta obra. A segunda, en dous volumes, foi publicada en 1762-1763, coas págxnas de correccións e material complementario. A terceira edición foi en realidade moi semellante á segunda, mais coas correccións e material complementario integrado no texto, e se publicou en 1764.
Logo da morte de Linné, Carl Ludwig Willdenow levou a cabo unha nova edición, moi ampliada do traballo. Esta edición titulouse Editio Quarto , ou "Cuarta Edición", e foi publicada en seis volumes, en trece partes, desde 1797 até 1830, e foi terminada despois da morte de Willdenow. A sexta edición foi publicada baixo Heinrich Friedrich Link e Albert Gottfried Dietrich en dous volumes en 1831-1833.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Species Plantarum |
- Species Plantarum online en www.botanicus.org, A biblioteca dixital do Xardín Botánico de Missouri
- Linnaeus Link Union Catalogue