Príncipe Hisahito: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 21: Liña 21:
[[fi:Hisahito]]
[[fi:Hisahito]]
[[fr:Hisahito]]
[[fr:Hisahito]]
[[hr:Hisahito]]
[[id:Hisahito]]
[[id:Hisahito]]
[[ja:悠仁親王]]
[[ja:悠仁親王]]

Revisión como estaba o 12 de novembro de 2007 ás 22:46

O Príncipe Hisahito (秋篠宮悠仁親王) naceu o 6 de setembro de 2006 en Toquio e é fillo do príncipe Aquixino e da princesa Aquixino. Foi o seu terceiro fillo e o primeiro varón.

Nacemento

Naceu ás 8:27 da mañá (hora xaponesa) por cesárea, nunha clínica privada da capital xaponesa, logo dun laborioso embarazo que rematou dúas semanas antes do previsto. Pesou ao nacer 2.556 gramos. A súa nai, a princesa Kiko, doou o cordón umbilical ao banco xaponés de órganos, para o seu uso público.

Sucesión

Conforme as actuais leis de sucesión xaponesas, é o terceiro na liña de sucesión ao trono imperial do Xapón, logo do príncipe herdeiro Naruhito e de seu pai, o príncipe Aquixito. Porén, ben podería ser que as leis, que privilexian os homes por diante das mulleres no ascenso ao trono imperial, mudasen, e ascendese á xefatura de estado a princesa Toxi, filla de Naruhito e curmá de Hisahito. O anterior primeiro ministro Junichiro Koizumi foi un dos principais impulsores desa reforma constitucional.

O príncipe ten ademais dúas irmás máis vellas, a princesa Mako (nada o 23 de outubro de 1991) e mais a princesa Kako (nada o 29 de decembro de 1994). Hisahito foi o primeiro nado varón en corenta anos da casa imperial xaponesa.

Nome

O nome de Hisahito significa calmo (Hisa) e virtuoso (hito). Esta segunda parte vén sendo tradicional nos nomes dos emperadores do trono do crisantemo.