Xuízo ás Xuntas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
comezo tradución da wiki es:Juicio a las Juntas
 
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{enuso}}
{{enuso}}
[[Image:Inicio del Juicio a las Juntas Militares - 22ABR85 - presidencia-govar.jpg|thumb|250px|[[22 de abril]] de [[1985]]: comézase o Xuízo ás Xuntas Militares]]
[[Image:Inicio del Juicio a las Juntas Militares - 22ABR85 - presidencia-govar.jpg|thumb|250px|[[22 de abril]] de [[1985]]: comeza o Xuízo ás Xuntas Militares]]
Se coñece como '''Xuízo ás Xuntas''' o [[proceso xudicial]] realizado pola xustiza civil na [[Arxentina]] en [[1985]], por orde do presidente [[Raúl Alfonsín]] (1983-1989) contra as tres primeiras [[xunta militar|xuntas militares]] da ditadura chamada [[Proceso de Reorganización Nacional]] (1976-1983) por mor das graves e masivas violacións de [[dereitos humanos]] cometidas nese período.
Se coñece como '''Xuízo ás Xuntas''' o [[proceso xudicial]] realizado pola xustiza civil na [[Arxentina]] en [[1985]], por orde do presidente [[Raúl Alfonsín]] (1983-1989) contra as tres primeiras [[xunta militar|xuntas militares]] da ditadura chamada [[Proceso de Reorganización Nacional]] (1976-1983) por mor das graves e masivas violacións de [[dereitos humanos]] cometidas nese período.

Revisión como estaba o 4 de novembro de 2007 ás 00:24

Ficheiro:Inicio del Juicio a las Juntas Militares - 22ABR85 - presidencia-govar.jpg
22 de abril de 1985: comeza o Xuízo ás Xuntas Militares

Se coñece como Xuízo ás Xuntas o proceso xudicial realizado pola xustiza civil na Arxentina en 1985, por orde do presidente Raúl Alfonsín (1983-1989) contra as tres primeiras xuntas militares da ditadura chamada Proceso de Reorganización Nacional (1976-1983) por mor das graves e masivas violacións de dereitos humanos cometidas nese período.

A sentenza condenou a algúns integrantes das tres primeiras xuntas militares a severas penas por delitos de lesa humanidade, incluíndo a prisión perpetua aos principais responsábeis. Estos foron indultados en 1990 polo presidente Carlos Menem. A partires de 2006 a xustiza comezou a declarar inconstitucionais os indultos decretados.

A decisión de axuizar ás xuntas militares

O 15 de decembro de 1983, cinco días despois de asumir como presidente, Raúl Alfonsín sancionou os decretos 157 e 158. Polo primeiro se ordenaba axuizar aos dirixentes das organizacións guerrilleiras ERP e Montoneros; polo segundo ordenábase procesar ás tres xuntas militares que dirixiron o país desde o golpe militar do 24 de marzo de 1976 ata a Guerra das Malvinas.

O mesmo día creouse unha Comisión Nacional sobre a Desaparición de Persoas CONADEP, integrada por personalidades independentes para relevar, documentar e rexistrar casos e probas de violacións de dereitos humanos, e fundar así o xuízo ás xuntas militares.