Rubisco: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 9: | Liña 9: | ||
| caption = RuBisCO mostrando a disposición dos dímeros de cadea longa (branco/gris) e as cadeas pequenas (azul e laranxa). |
| caption = RuBisCO mostrando a disposición dos dímeros de cadea longa (branco/gris) e as cadeas pequenas (azul e laranxa). |
||
}} |
}} |
||
A '''ribulosa-bisfosfato carboxilase osixenase''', '''rubisco''' ou '''RuBisCO''' é o [[enzima]] máis abundante nas plantas e, en consecuencia, a proteína máis abundante no [[Terra|planeta]].<ref>Cooper, Geoffrey M. (2000). "[http://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/bv.fcgi?highlight=RuBisCO&rid=cooper.section.1655#1659 10.The Chloroplast Genome]". The Cell: A Molecular Approach (2nd ed.). Washington, D.C: ASM Press. ISBN 0-87893-106-6</ref> |
A '''ribulosa-bisfosfato carboxilase osixenase''', '''rubisco'''<ref>{{Cita libro|título=Dicionario de bioloxía galego-castelán-inglés.|autor= Coordinadores: Jaime Gómez Márquez, Ana Mª Viñas Díaz e Manuel González González. Redactores: David Villar Docampo e Luís Vale Ferreira. Revisores lingüísticos: Víctor Fresco e Mª Liliana Martínez Calvo.|ano= 2010|editorial= Xunta de Galicia|páxina=151| isbn= 978-84-453-4973-1| url=https://www.cirp.es/pub/docs/cite/dicionario_bioloxia.pdf}}</ref> ou '''RuBisCO''' é o [[enzima]] máis abundante nas plantas e, en consecuencia, a proteína máis abundante no [[Terra|planeta]].<ref>Cooper, Geoffrey M. (2000). "[http://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/bv.fcgi?highlight=RuBisCO&rid=cooper.section.1655#1659 10.The Chloroplast Genome]". The Cell: A Molecular Approach (2nd ed.). Washington, D.C: ASM Press. ISBN 0-87893-106-6</ref> |
||
Este enzima capta o [[dióxido de carbono]] procedente do aire e un azucre existente na célula chamado RuDP ([[ribulosa 1,5-bifosfato|ribulosa 1,5-difosfato]] ou RuBP - ribulosa bis-fosfato). A reacción entre estes dous reactivos dá orixe a dúas moléculas do azucre PGA ([[3-fosfoglicerato]]). A RuBisCO é así responsábel do primeiro paso do [[ciclo de Calvin]] da [[fase escura]] da fotosíntese, en concreto da [[fixación do carbono|fixación do dióxido de carbono]] na súa forma orgánica. |
Este enzima capta o [[dióxido de carbono]] procedente do aire e un azucre existente na célula chamado RuDP ([[ribulosa 1,5-bifosfato|ribulosa 1,5-difosfato]] ou RuBP - ribulosa bis-fosfato). A reacción entre estes dous reactivos dá orixe a dúas moléculas do azucre PGA ([[3-fosfoglicerato]]). A RuBisCO é así responsábel do primeiro paso do [[ciclo de Calvin]] da [[fase escura]] da fotosíntese, en concreto da [[fixación do carbono|fixación do dióxido de carbono]] na súa forma orgánica. |
Revisión como estaba o 2 de novembro de 2019 ás 23:00
Ribulosa-bisfosfato carboxilase | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
RuBisCO mostrando a disposición dos dímeros de cadea longa (branco/gris) e as cadeas pequenas (azul e laranxa). | |||||||||
Identificadores | |||||||||
Número EC | 4.1.1.39 | ||||||||
Número CAS | 9027-23-0 | ||||||||
Bases de datos | |||||||||
IntEnz | vista de IntEnz | ||||||||
BRENDA | entrada de BRENDA | ||||||||
ExPASy | vista de NiceZyme | ||||||||
KEGG | entrada de KEGG | ||||||||
MetaCyc | vía metabólica | ||||||||
PRIAM | perfil | ||||||||
Estruturas PDB | RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum | ||||||||
Gene Ontology | AmiGO / EGO | ||||||||
|
A ribulosa-bisfosfato carboxilase osixenase, rubisco[1] ou RuBisCO é o enzima máis abundante nas plantas e, en consecuencia, a proteína máis abundante no planeta.[2]
Este enzima capta o dióxido de carbono procedente do aire e un azucre existente na célula chamado RuDP (ribulosa 1,5-difosfato ou RuBP - ribulosa bis-fosfato). A reacción entre estes dous reactivos dá orixe a dúas moléculas do azucre PGA (3-fosfoglicerato). A RuBisCO é así responsábel do primeiro paso do ciclo de Calvin da fase escura da fotosíntese, en concreto da fixación do dióxido de carbono na súa forma orgánica.
É importante dicir que a reacción pode acontecer tanto con dióxido de carbono coma con osíxeno molecular (O2). Cando o osíxeno é absorbido, o proceso é parte da respiración celular, sen absorción de carbono. Algunhas plantas (arredor do 5% das plantas existentes na Terra), utilizan un proceso intermedio e máis selectivo para a absorción do dióxido de carbono, evitando o contacto directo co osíxeno do ar típico do "proceso rubisco" (ás veces chamado C3), co proceso chamado C4 ou o CAM ("Crasulacean acid metabolism"). O C4 usa estruturas dentro da célula e un sistema bioquímico de transporte que envolve moléculas con 4 átomos de carbono (así o nome de C4). O CAM é usado por plantas en ambientes moi áridos, nos que os estomas só abren á noite, co fin de economizar auga, que se perdería por evaporación se estes ficasen abertos durante o día. Así, á noite, absorben o dióxido de carbono en moléculas de 4 carbonos que fican almacenadas en vacúolos para seren utilizadas durante o día.
Os procesos C3, C4 e CAM teñen vantaxes e desvantaxes. O C3 é máis directo, empregando cerca de 18 ATP para fixar cada molécula de dióxido de carbono, mais necesita concentracións máis altas de dióxido de carbono e auga. O C4 require máis estruturas e máis enerxía (30 ATP), porén traballa con concentracións de dióxido de carbono máis baixas na atmosfera e é máis axeitado para ambientes secos. O CAM é usado en ambientes predominantemente áridos, mais fixa pouco dióxido de carbono, levando a taxas baixas do medre das plantas.
Existe aínda un cuarto proceso, chamado pirenoide, que é usado polas algas e plantas acuáticas Ceratophyllaceae.
Notas
- ↑ Coordinadores: Jaime Gómez Márquez, Ana Mª Viñas Díaz e Manuel González González. Redactores: David Villar Docampo e Luís Vale Ferreira. Revisores lingüísticos: Víctor Fresco e Mª Liliana Martínez Calvo. (2010). Dicionario de bioloxía galego-castelán-inglés. (PDF). Xunta de Galicia. p. 151. ISBN 978-84-453-4973-1.
- ↑ Cooper, Geoffrey M. (2000). "10.The Chloroplast Genome". The Cell: A Molecular Approach (2nd ed.). Washington, D.C: ASM Press. ISBN 0-87893-106-6