Wikipedia:Wikipedistas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Substitución automática de "Wikipedesketch1.png" por "Wikipedesketch.png" segundo o ordenou CommonsDelinker. Motivo: File renamed: [[:c
Liña 1: Liña 1:
{{Atallo|WP:U}}
{{Atallo|WP:U}}
[[Ficheiro:Wikipedesketch1.png|thumb|right|250px|Debuxo dun wikipedista en acción.]]
[[Ficheiro:Wikipedesketch.png|thumb|right|250px|Debuxo dun wikipedista en acción.]]
Os '''wikipedistas''', '''usuarios''' ou '''editores''' son as persoas que escriben e editan artigos da [[Wikipedia]]. Suxeriuse que ''wikipedista'' podería ser un nome máis apropiado, así como un [[máquina|maquinista]] traballa nunha [[locomotora|máquina locomotora]]. O termo ''wikipedista'', non obstante, suxire que a persoa forma parte dun grupo ou unha comunidade. Polo que neste sentido, os wikipedistas son xente que forman a [[Wikipedia:Portal da comunidade|comunidade da Wikipedia]].
Os '''wikipedistas''', '''usuarios''' ou '''editores''' son as persoas que escriben e editan artigos da [[Wikipedia]]. Suxeriuse que ''wikipedista'' podería ser un nome máis apropiado, así como un [[máquina|maquinista]] traballa nunha [[locomotora|máquina locomotora]]. O termo ''wikipedista'', non obstante, suxire que a persoa forma parte dun grupo ou unha comunidade. Polo que neste sentido, os wikipedistas son xente que forman a [[Wikipedia:Portal da comunidade|comunidade da Wikipedia]].



Revisión como estaba o 4 de abril de 2019 ás 15:44

Atallo:
WP:U
Debuxo dun wikipedista en acción.

Os wikipedistas, usuarios ou editores son as persoas que escriben e editan artigos da Wikipedia. Suxeriuse que wikipedista podería ser un nome máis apropiado, así como un maquinista traballa nunha máquina locomotora. O termo wikipedista, non obstante, suxire que a persoa forma parte dun grupo ou unha comunidade. Polo que neste sentido, os wikipedistas son xente que forman a comunidade da Wikipedia.

Dende os comenzos, algúns fixeron as súas contribucións de forma anónima, e outros rexistráronse, pasando a formar parte da lista de usuarios.

A día de hoxe, a Galipedia posúe 145.230 contas de usuario rexistradas, e cun número enorme de editores anónimos. Porén, a maioría das persoas que teñen unha conta non son colaboradores regulares (véxase Especial:Lista de usuarios para a lista completa). Unha información detallada sobre as estatísticas da Galipedia está dispoñible en Especial:Estatísticas e mais en Wikipedia:Estatísticas.

Algúns wikipedistas danlle a benvida aos novos; outros cargan imaxes; outros traballan en artigos de historia; outros revisan a ortografía e outros traballan en reverter os vandalismos. Moitos deles traballan en todas esas tarefas. Cadaquén decide que facer, e cada wikipedista é valioso.

Estilo das contribucións

Os wikipedistas teñen diferentes características en moitos aspectos, dos cales cada un é máis experto: por unha banda están os que traballan revertendo os vandalismos e que conversan a miúdo nas guerras de edicións; por outra banda, están os que prefiren editar máis que conversar.

Ademais, hai wikipedistas que contribúen principalmente escribindo e editando contidos sobre temas dos que saben, e, por outra banda, aqueles que contribúen engadindo información do lugar onde viven ou outros que proporcionan acceso á información acerca de cada persoa do planeta.

Tamén hai multitude doutras características, as cales están representadas por exemplo nas caixas de usuario que cada editor pode engadir á súa propia páxina para informar ao resto.