Lorena Luaces: Diferenzas entre revisións
m Introduciendo ficha |
|||
Liña 9: | Liña 9: | ||
O seu adestrador é José Antonio Quintana. |
O seu adestrador é José Antonio Quintana. |
||
Ten o récord galego de 20 km marcha, con 1h 32'42", |
Ten o récord galego de 20 km marcha, con 1h 32'42", co que conseguiu a participación nos Campionatos Europeos de Barcelona 2010. |
||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
Revisión como estaba o 15 de marzo de 2019 ás 07:53
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de febreiro de 1984 (40 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | atleta |
Lingua | Lingua castelá |
Deporte | atletismo |
Lorena Luaces Barril, nada en Ourense o 29 de febreiro de 1984, é unha atleta galega, especialista en probas de marcha.
Traxectoria
Comezou a practicar atletismo con 12 anos na escola deportiva A Ponte, en probas de cross, salto de vallas e combinadas, destacando en medio fondo e fondo. Logo de gañar a medalla de prata do Campionato de España en categoría cadete, decantouse pola marcha.
Entre 2002 e 2006 estivo no centro de alto rendemento de Sant Cugat, e entre 2006 e 2008 correu de novo coa escola deportiva A Ponte. Despois estivo un ano no CAR de Madrid. Desde 2009 compaxina a carreira deportiva coa súa vida laboral na subdirección xeral de grandes acontecementos deportivos internacionais do Consello Superior de Deportes.
O seu adestrador é José Antonio Quintana.
Ten o récord galego de 20 km marcha, con 1h 32'42", co que conseguiu a participación nos Campionatos Europeos de Barcelona 2010.