Cefuroxima: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Silverfox (conversa | contribucións)
m correción ortográfica
Silverfox (conversa | contribucións)
Liña 5: Liña 5:


== Dosificación ==
== Dosificación ==
Por vía intravenosa, a dose convencional é de 750 miligramos cada 8 horas. A formulación oral (cefuroxima-axetilo) emprégase a razón de 500 miligramos cada 8 ou 12 horas. A dose debe reducirse en poboación pediátrica e en insuficiencia renal grave. Pode empregarse durante o [[Lactancio|lactancio]] e probablemente durante o [[embarazo]] (categoría B da [[FDA]]).
Por vía intravenosa, a dose convencional é de 750 miligramos cada 8 horas. A formulación oral (cefuroxima-axetilo) emprégase a razón de 500 miligramos cada 8 ou 12 horas. A dose debe reducirse en poboación pediátrica e en insuficiencia renal grave. Pode empregarse durante a [[lactación]] e probablemente durante o [[embarazo]] (categoría B da [[FDA]]).


== Referencias ==
== Referencias ==

Revisión como estaba o 8 de setembro de 2018 ás 20:07

A cefuroxima é un antibiótico beta-lactámico pertencente á segunda xeración de cefalosporinas. Existe unha forma farmacéutica denominada cefuroxima-axetilo apta para administración oral. Esta forma é inactiva, pero na mucosa intestinal é hidrolizada e convertida en cefuroxima. Foi comercializada baixo o nome de Zinnat.

Espectro de acción

Cefuroxima é activa fronte a diversos microorganismos grampositivos (Staphylococcus spp., Streptococcus beta-hemolíticos, Streptococcus pneumoniae). Tamén mostra actividade fronte a diversas enterobacteriáceas e outras especies, coma Moraxella catarrhalis.

Dosificación

Por vía intravenosa, a dose convencional é de 750 miligramos cada 8 horas. A formulación oral (cefuroxima-axetilo) emprégase a razón de 500 miligramos cada 8 ou 12 horas. A dose debe reducirse en poboación pediátrica e en insuficiencia renal grave. Pode empregarse durante a lactación e probablemente durante o embarazo (categoría B da FDA).

Referencias

Guía de terapéutica antimicrobiana (2015). Josep Mensa Pueyo. ISBN 978-84-88825-15-5.