Cerámica Verea: Diferenzas entre revisións
→Historia: ligazóns internas |
→Véxase tamén: categoría galicia calidade |
||
Liña 41: | Liña 41: | ||
[[Categoría:Empresas de Galicia]] |
[[Categoría:Empresas de Galicia]] |
||
[[Categoría:Galicia Calidade]] |
|||
[[Categoría:Mesía]] |
[[Categoría:Mesía]] |
Revisión como estaba o 23 de abril de 2018 ás 23:00
Coordenadas: 43°03′57″N 8°12′04″O / 43.065847, -8.201144
Cerámica Verea | |
---|---|
Vista da empresa. | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1968 |
Localización | Lanzá, s/n 15685 Mesía, A Coruña, Galiza |
Persoas clave | Luis Verea |
Industria | Cerámica |
Produtos | Tellas, chemineas, ladrillos, accesorios |
Beneficio | 8 millóns de € (2008) |
Número de empregados | 48 (2008)[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Cerámica Verea é unha empresa galega do sector da cerámica con sede en Lanzá, Mesía.
Historia
Cerámica Verea fundouse en Mesía en 1968. Na zona hai amplos xacementos de arxila que son explotados dende hai moito tempo. Na zona houbo otras empresas adicadas ao sector, principalmente na fabricación de ladrillos das cales só queda Campo Brick do grupo Campo e Cerámica Verea. Cerámica Verea é a última empresa do sector que fabrica tella en Galiza aínda que tamén fabrica e comercializa accesorios para a montaxe de tellados, ladrillos especiais e para hórreos, botelleiros cerámicos e chemineas.
Antigamente só fabricaban nos meses de verán pola imposibilidade de secar as tellas antes de cocelas. A mediados dos anos 1970 fabricaron un túnel de secado e comezaron a automatización do proceso de fabricación. En 1990 ampliaron a fábrica, a zona de almacenaxe da materia prima e a produción. Hoxe a empresa é unha das máis importantes do sector en España e vende os seus produtos en Estados Unidos, Francia, Portugal, Puerto Rico ou México[2]. A empresa fabrica 80 millóns de tellas ao ano[3].
A empresa ten certificacións ISO 9001 e ISO 14001.
Notas
- ↑ Cerámica Verea patenta un sistema único en España para el montaje de cubiertas. La Voz de Galicia 24 de abril de 2008
- ↑ Cerámica Verea acomete un investimento de 2.000 millóns para duplicar a súa produción. La Voz de Galicia
- ↑ Cerámica Verea no se pone techo y llevará sus tejas de Mesía a USA. El Corrego Gallego
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina web de Verea (en varias linguas)