A illa do doutor Moreau: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8: Liña 8:


{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

{{ORDENAR:Illa do Doutor Moreau, A}}
[[Categoría:Obras narrativas en inglés]]
[[Categoría:Obras literarias de 1896]]
[[Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego‎]]
[[Categoría:Novelas de ciencia ficción]]

Revisión como estaba o 31 de xaneiro de 2018 ás 08:30

A illa do Doutor Moreau (en inglés: The Island of Doctor Moreau) é unha novela de ciencia ficción de 1896 escrita por H. G. Wells. O texto da novela é a narración de Edward Prendick, un náufrago rescatado que é deixado na illa do Doutor Moreau, un científico tolo que crea ser humanos a partir de animais mediante a vivisección. A novela trata un gran número de temas filosóficos, incluíndo a dor e a crueldade, a responsabilidade moral, a identidade humana e a interferencia humana na natureza.[1] Wells descríbra como "un exercicio de blasfemia xuvenil".[2]

A illa do Doutor Moreau é un clásico da ciencia ficción temperá[3] e é un dos libros de Wells máis coñecidos. A novela é unha das primeiras descricións do tema de ciencia ficción "elevación biolóxica" no que unha raza máis avanzada intervén na evolución dunha especie animal co obxectivo de elevala a un nivel maior de intelixencia.[4] Foi adaptado ó cinema e a outros medios en varias ocasións.

Notas

  1. Barnes & Noble. Barnes & Noble, ed. "The Island of Doctor Moreau: Original and Unabridged". 
  2. A descrición de Wells de A illa do Doutor Moreau como blasfemia xuvenil procede da introdución de The Scientific Romances of H. G. Wells (1933; publicado nos Estados Unidos como Seven Famous Novels by H. G. Wells, 1934), véxase p. 243.
  3. See Mason Harris's introduction and notes for the 2009 Broadview Books edition of The Island of Dr. Moreau
  4. Booker, Keith M. (2014). Historical Dictionary of Science Fiction in Literature. Rowman & Littlefield. p. 311.