Astafersa: Diferenzas entre revisións
imaxe |
edición |
||
Liña 6: | Liña 6: | ||
| imaxe = [[File:Estaleiro da Graña Blascar Ferrol.jpg|250px]] |
| imaxe = [[File:Estaleiro da Graña Blascar Ferrol.jpg|250px]] |
||
| pé_imaxe = Estaleiro da Graña. |
| pé_imaxe = Estaleiro da Graña. |
||
| tipo_compañía = |
| tipo_compañía = Sociedade Anónima |
||
| fundación = 1982 |
| fundación = 1982 (pechada en 2007) |
||
| matriz = |
| matriz = |
||
| localización = |
| localización = A Graña, Ferrol |
||
| fundador = |
| fundador = |
||
| persoas_clave = |
| persoas_clave = Juan Fernández |
||
| industria = [[Naval]] |
| industria = [[Naval]] |
||
| produtos = Buques, reparacións navais |
| produtos = Buques, reparacións navais |
Revisión como estaba o 29 de decembro de 2017 ás 12:10
Coordenadas: 43°28′43″N 8°15′38″O / 43.4784779, -8.260532
Astafersa | |
---|---|
Estaleiro da Graña. | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1982 (pechada en 2007) |
Localización | A Graña, Ferrol |
Persoas clave | Juan Fernández |
Industria | Naval |
Produtos | Buques, reparacións navais |
Número de empregados | 40 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Astafersa (Astilleros Ferrolanos SA) foi unha empresa naval adicada a construción de buques en aceiro e fibra de vidro. Estaba situada na Graña, Ferrol.
Historia
As orixes deste estaleiro son anteriores a 1855. Está construído en Punta Pescadoira na Graña. Pola Lei de Desamortización de Mendizabal foi mercado por Ramón Rodríguez Tubín. En 1883 Ramón Rodríguez Tubín e os seus herdeiros o venden a Toribio Gil y Gabilondo, pasando a chamarse Talleres Gil.
En 1884 se asocia Toribio Gil e José Joaquín Otero creando a compañía Otero - Gil. Máis tarde pasou a chamarse Talleres Gil e Compañía.
En 1885 Talleres Gil e Compañía reune tódolas instalacións na zona e forman un estaleiro que pasa a chamarse Industria Española.
O 5 de setembro de 1931 pasa a ser adxudicado polo Xulgado de Primeira instancia a Gumersindo Paz Abilleira. O 20 de xuño de 1962 pasa a mans dos seus fillos e herdeiros co nome de Astilleros y Varaderos Gumersindo Paz (GUPAZ). En 1982 e 1983 a Sociedade Anómina Astilleros Ferrolanos SA compra o estaleiro e pasa a chamarse Astafersa.[1]
Astafersa adicouse á fabricación de buques en aceiro, aluminio e fibra de vidro. Desde 1986 a 1990 estivo dirixido por Juan Fernández. En 2007 tras varios ERE e despidos as instalacións se venderon a Áridos Pantín por 500 euros e o compromiso de facerse cargo dos tres millóns de débeda.[2][3]
En 2009 a empresa Freinaval comezou a traballar nas instalacións.[4] Os estaleiros da Graña e A Cabana foron mercados por Manuel Caamaño pasando a chamarse Blascar e adicándose dende entón principalmente ás reparacións navais.[5]
Instalacións
O estaleiro ten dúas gradas de 70 metros.
Notas
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Astafersa |
Bibliografía
- Antón Viscasillas, Jaime e Alejandro Anca Alamillo. La Graña-La Cabana : base e industria naval (1726-2015) Madrid, 2015 ISBN 978-84-608-2681-1