Burgo das Nacións: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
1ª edición con información da referencia citada.
 
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 10: Liña 10:
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.usc.es/gl/servizos/sur/residencias/burgo/ Residencia Universitaria Burgo das Nacións], [[USC]].
* [http://www.usc.es/gl/servizos/sur/residencias/burgo/ Residencia Universitaria Burgo das Nacións], [[USC]].

{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Parques]]
[[Categoría:Xardíns de Galicia]]
[[Categoría:Residencias universitarias]]

Revisión como estaba o 19 de decembro de 2017 ás 18:34

O Burgo das Nacións foi un complexo residencial construído con carácter provisorio no ano 1965, no lugar de Vite da parroquia de Vista Alegre para albergar os peregrinos que viñan a Santiago de Compostela nese Ano Santo Xacobeo.

Foi explotado pola Administración Turística Española e chegou a ter unha capacidade de preto de 4 000 prazas distribuídas en 47 pavillóns.

Rematado o Xacobeo 1965, este conxunto de módulos, construídos con materiais lixeiros e efémeros, cubriu deficiencias e albergou institucións necesitadas de instalacións: foi residencia de posgraduados, aulario de varias especialidades universitarias, sede da imprenta da Universidade e da súa gardería e acolleu as dependencias da Policía Nacional, entre outros usos.

En 1979 a Universidade de Santiago comezou a utilizar o Burgo das Nacións como residencia universitaria mixta e, no curso académico de 1986-87, iniciáronse as obras do edificio da actual residencia de estudantes, que ocupa unha parte do complexo inicial, fronte ao Auditorio de Galicia, obras que remataron no curso 1992-93.

Véxase tamén

Ligazóns externas