Sacarina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
Manudosde (conversa | contribucións)
Liña 16: Liña 16:
Estudos epidemiolóxicos levados a cabo en USA, Gran Bretaña, Xapón, Dinamarca, en persoas que consumían sacarina dende facía moitos anos, non encontraron unha incidencia de cancros máis elevada que na poboación normal.
Estudos epidemiolóxicos levados a cabo en USA, Gran Bretaña, Xapón, Dinamarca, en persoas que consumían sacarina dende facía moitos anos, non encontraron unha incidencia de cancros máis elevada que na poboación normal.


==A sacarina en outros países==
==A sacarina noutros países==
Nembargante, o uso da sacarina esta prohibido nalgúns países como [[Canadá]]. En Estados Unidos planeouse a súa prohibición en 1977, pero as campañas das empresas afectadas e dalgunhas asociacións, entre elas as de diabéticos, motivaron que se ditara una moratoria á prohibición.
Porén, o uso da sacarina está prohibido nalgúns países como [[Canadá]]. En Estados Unidos planeouse a súa prohibición en 1977, pero as campañas das empresas afectadas e dalgunhas asociacións, entre elas as de diabéticos, motivaron que se ditara una moratoria á prohibición.


A situación da sacarina quedou inestable en [[Estados Unidos]], estando sometida a normas de etiquetado estritas con frases do tipo "Este produto conten sacarina, da que se determinou que produce cáncer en animais de laboratorio" e "o uso deste produto pode ser perigoso para súa saúde".
A situación da sacarina quedou inestable en [[Estados Unidos]], estando sometida a normas de etiquetado estritas con frases do tipo "Este produto contén sacarina, da que se determinou que produce cancro en animais de laboratorio" e "o uso deste produto pode ser perigoso para a súa saúde".


[[Category:Compostos químicos]]
[[Category:Compostos químicos]]

Revisión como estaba o 31 de agosto de 2007 ás 11:34

Estrutura química da sacarina sódica.

A sacarina é un dos máis antigos edulcorantes. Foi descuberta en 1879 por Ira Remsen e Constantine Fahlberg da Universidade Johns Hopkins. Quimicamente é unha Imida o-sulgobenzoica. Denominada na industria alimentaria coas siglas E954

Características

A sacarina foi sintetizada en 1878, utilizándose como edulcorante desde principios do século XX. Provén do petróleo e do alquitrán de hulla, unha substancia que se deriva do carbón mineral. É de 300 a 500 veces máis doce que a sacarosa. A forma máis utilizada é o sal sódico, xa que a forma ácida é pouco soluble en auga. Ten un resaibo amargo, sobre todo cando se utiliza a concentracións altas, pero este resaibo pode minimizarse mesturándoa con outras substancias. É un edulcorante resistente ó quecemento e ós medios ácidos, polo que é útil en moitos procesos de elaboración de alimentos.

Usos

Emprégase como edulcorante non calórico, e en medicina cando está contraindicada a inxesta de azucre. Emprégase na elaboración de iogures, refrescos, produtos para diabéticos, produtos baixos en calorías, e como edulcorante de mesa.

A polémica

Dende que comezou o seu uso, a sacarina veuse sometida a ataques por razóns de tipo económico, ó provocar co seu uso a diminución do consumo de azucre, así como polo seu posible efecto sobre a saúde dos consumidores. Nos anos setenta varios grupos de investigadores indicaron que doses altas de sacarina (5% do peso total da dieta) eran capaces de inducir a aparición de cancro de vexiga nas ratas.

A sacarina non é mutáxena. O seu efecto na vexiga das ratas prodúcese mediante unha irritación continua deste órgano debido ós cambios na composición global da urina que, entre outros efectos, dan lugar a cambios no pH e a formación de precipitados minerais. O ataque continuo ten como resposta a proliferación celular para reparar os danos, e nalgúns casos esta proliferación queda fóra de control e da lugar á produción de tumores. É interesante constatar que o efecto de formación de precipitados na urina das ratas se debe en gran parte ou na súa totalidade ó sodio que contén a sacarina, xa que a forma libre ou o sal de calcio non producen este efecto.

A sacarina non é pois carcinóxena por si mesma, senón a través do seu efecto como desencadeante dunha agresión fisicoquímica á vexiga da rata, que induce a proliferación celular. Con concentracións na dieta (as utilizadas realmente polas persoas) nas que non exista absolutamente ningunha posibilidade de que se produza esta agresión á vexiga, o risco non será moi pequeno, senón simplemente nulo. Estudos epidemiolóxicos levados a cabo en USA, Gran Bretaña, Xapón, Dinamarca, en persoas que consumían sacarina dende facía moitos anos, non encontraron unha incidencia de cancros máis elevada que na poboación normal.

A sacarina noutros países

Porén, o uso da sacarina está prohibido nalgúns países como Canadá. En Estados Unidos planeouse a súa prohibición en 1977, pero as campañas das empresas afectadas e dalgunhas asociacións, entre elas as de diabéticos, motivaron que se ditara una moratoria á prohibición.

A situación da sacarina quedou inestable en Estados Unidos, estando sometida a normas de etiquetado estritas con frases do tipo "Este produto contén sacarina, da que se determinou que produce cancro en animais de laboratorio" e "o uso deste produto pode ser perigoso para a súa saúde".