Wikipedia:Taboleiro dos administradores: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xelo2004 (conversa | contribucións)
Liña 89: Liña 89:


Intentei move-lo artigo "Ovo" a "Ovo (alimento)" para así deixar espacio para unha páxina de homónimos: ovo (=cigoto); ovo (bioloxía): como ovo de ave, peixes, réptiles, insectos, etc.; ovo (alimento): ovo de galiña, fundamentalmente; e ovo=testículo. Pero o que fixen parece ser unha redirección. Agora necesito que borredes "ovo" (a secas) para poder facelo. Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] 23:08, 25 agosto 2007 (UTC)
Intentei move-lo artigo "Ovo" a "Ovo (alimento)" para así deixar espacio para unha páxina de homónimos: ovo (=cigoto); ovo (bioloxía): como ovo de ave, peixes, réptiles, insectos, etc.; ovo (alimento): ovo de galiña, fundamentalmente; e ovo=testículo. Pero o que fixen parece ser unha redirección. Agora necesito que borredes "ovo" (a secas) para poder facelo. Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] 23:08, 25 agosto 2007 (UTC)
*Podes empregar [[Ovo]] para crear a paxina de hómonimos, esta borrada a redireccion, saudos--[[User:Xelo2004|Xelo2004]] [[Image:Sig-panda.gif|25 px]] <sup>[[User talk:Xelo2004|(Se non estás dacordo, dimo)]]</sup> 22:04, 27 agosto 2007 (UTC)


== ¡¡Texto desaparecido!! ==
== ¡¡Texto desaparecido!! ==

Revisión como estaba o 27 de agosto de 2007 ás 22:04

Neste espazo poden comunicarse os usuarios cos administradores ou os administradores entre eles.
Problemas / Vandalismo / Incidentes / Bloqueos e proteccións / Cambiar nome de usuario / Vangloria / Copyvios / Proxies abertos / Usuarios monicreque / Spam / Técnica / Mantemento / Política e normas / Etc.


Vandalismo

Enderezos que comezan por 200 e 201

Na actualidade (setembro de 2006), practicamente a totalidade das contribucións dos enderezos IP que comezan por 200 e 201 fan contribucións vandálicas. --Moderador 09:43, 24 setembro 2006 (UTC)

W/index.php e Talk:W/index.php

Existe un vándalo que ataca W/index.php e Talk:W/index.php. Estas dúas páxinas débense crear e protexer permanentemente. --Xosé (✉) 23:20, 18 xaneiro 2007 (UTC)

Neste caso penso que é preferible deixalos abertos e así ter o vandalismo controlado, se no canto de crear eses artigos pasa a facer o mesmo noutros pode crear novos problemas e complicar o seguimento. Con eses títulos de artigo non hai posibilidade de que un usuario chegue ata eles buscando información. Aínda que sexa unha molestia que se creen unha e outra vez, só hai que borralos cando aparecen e non afecta aos lectores. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:17, 19 xaneiro 2007 (UTC)
Debido a que houbo outra petición de bloqueo da páxina cheguei á conclusión de que quizais conveña probar se a persoa que crea reiteradamente a páxina muda de proceder. Se é preciso sempre queda a posibilidade de desbloqueala novamente. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:44, 21 xaneiro 2007 (UTC) Precisión: Vou facelo coa páxina de discusión. --Prevert(talk) 12:51, 21 xaneiro 2007 (UTC)
En Galicitas non volveu a aparecer en máis artigos desde que o bloqueei. Pode-se tratar dun bot. Téño-o visto nos outros proxectos galegos; talvez conveña protexer esas páxinas neles tamén. --Xosé (✉) 13:54, 21 xaneiro 2007 (UTC)
Concordo con que se bloqueen ambas páxinas nos resto dos proxectos galegos onde a vixilancia e menor que aquí. En canto ao creador, segundo a Wikipedia en inglés é un bot, neste momento a páxina non existe porque a borraron pero durante un tempo estivo bloqueada. En función do que pase nos próximos días deixareina como está ou procederei a bloqueala. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:40, 21 xaneiro 2007 (UTC)
Protexida W/w/index.php, agora engadíronlle un w ao enderezo. --Prevert(talk) 12:55, 3 febreiro 2007 (UTC)
O mesmo con W/index.php. --Prevert(talk) 10:30, 5 febreiro 2007 (UTC)

Ferrol en Commons

Aínda que viña de vello, nas últimas dúas semanas produciuse o chamado caso Ferrol en Commons. Usuarios monicreque, licenzas falsas, suplantacións de identidade, imaxes que non corresponden a Ferrol, vandalismos nas páxinas de usuario, acoso e insultos... todo un extenso repertorio de comportamentos fraudulentos. Como resultado do sucedido arredor de 3 ducias de usuarios foron bloqueados ademais duns 20 IP. Case todos pertencentes a unha única persoa, que tamén ten usuarios monicreque na Wikipedia en inglés e posiblemente nalgunha ocasión tamén teña pasado por aquí. Ao mesmo tempo os administradores de Commons borraron todas as imaxes coas licenzas falsas cargadas por estes usuarios. Á parte do problema en si mesmo o caso é interesante para comprobar que tipo de enganos utilizan algúns usuarios para agochar as súas edicións fraudulentas. Por outras banda, se algún de vos dispón de imaxes da cidade de Ferrol neste momento son precisas para reconstruír a galería de imaxes en Commons. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:46, 10 xullo 2007 (UTC)


Spam

Spam, listaxe de webs

Un sitio web que se repite desde hai meses é http://nachom-galiza.blogspot.com. --Prevert(talk) 09:21, 27 outubro 2006 (UTC)

http://www.mindoniense.com . --Moderador 15:20, 30 outubro 2006 (UTC)
http://touroweb.iespana.es/ e http://fao.iespana.es/. --Moderador 10:17, 2 novembro 2006 (UTC)
http://www.gozo.us/ . --Prevert(talk) 11:52, 25 novembro 2006 (UTC)
http://theindb.com. --Prevert(talk) 18:28, 28 marzo 2007 (UTC)
http://riotortoweb.iespana.es/. --Prevert(talk) 13:44, 24 abril 2007 (UTC)

Problemas

Calendario

Acabo de fixarme en que o calendario que aparece nos artigos das datas e meses está un día adiantado. Hoxe, 24 de maio, é xoves, pero aparece como mércores. Non é problema só de maio, senón de tódolos meses. --Lameiro 18:36, 24 maio 2007 (UTC)

Grazas polo aviso. Xa corrixín o de maio, polo de agora falta o resto. O que pasaba é que o que se via era o calendario do 2006. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:39, 24 maio 2007 (UTC)

Imaxe da semana 28052007

¡Moi boa a imaxe da semana! --Lameiro 18:37, 28 maio 2007 (UTC)

3 Imaxes iguais

Un usuario (User:Katvedra) subíu 3 imaxes iguais: Image:Val-do-Ulla.jpg, Image:E.D. Val do Ulla.jpg e Image:E.D. Val do Ulla6b.jpg, habería que borrar dúas delas e deixar só unha. --BaNjO (tell me) 18:37, 10 xullo 2007 (UTC)

Feito. Grazas polo aviso. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:30, 10 xullo 2007 (UTC)

Bloqueos e proteccións

Debido aos vandalismos nos artigos e imaxes de Portada a partir de agora teremos que protexer o Artigo Destacado, o Artigo destacado Sobre Galicia e Imaxe da Semana como mínimo durante o mes que permanezan en portada. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:48, 28 maio 2007 (UTC)

Proteción en serie fronte a recreación de páxinas

Un mecanismo eficaz contra a recreación continua de páxinas sen sentido, spam mediante bots e outros casos semellantes é incluír o título da páxina en Wikipedia:Títulos protexidos/Lista. Dese xeito impídese que podan volver a crearse. Se algún de vos pode botar unha man reproducindo o sistema no resto dos wikis galegos (Galicitas, Galizionario, Wikisource, Galilibros) sería de gran axuda. Grazas. --Prevertgl 11:56, 10 xullo 2007 (UTC)

Técnica

Novo sistema de propostas

En Wikipedia talk:Imaxe da Semana hai un exemplo do novo sistema de propostas. Un sistema que automatiza en parte o procedemento. É semellante ao que se está utilizando en Commons ou na Wikipedia en inglés. Nas vindeiras semanas teremos que aplicalo noutra serie de páxinas do mesmo tipo: propostas de bots, de borrado de páxinas, de artigos destacados, etc. Un aspecto moi importante é que o sistema sexa sempre o mesmo porque facilita a interacción dos usuarios e require menos tempo de aprendizaxe. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:17, 10 xullo 2007 (UTC)

Contribucións borradas

Unha nova páxina especial está dispoñible desde hoxe mesmo para facilitar o mantemento e a comprobación de edicións. Chámase Contribucións borradas dun usuario. Está a disposición dos admnistradores, serve, por exemplo, para revisar as imaxes eliminadas de certo usuario por copyvios e semellantes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:38, 11 xullo 2007 (UTC)

Política e normas

Imaxes

Desde hai tempo mudaron certas políticas sobre as imaxes nos wikis de Wikimedia. O sistema antigo era que na Política de imaxes tiña que estar incluído expresamente que imaxes non se permitían, agora é ao revés. Segundo unha resolución do Consello de Administración da Fundación Wikimedia para aceptar certos tipos de imaxes debe formularse unha excepción na Política de imaxes do wiki, sempre de acordo coa lexislación vixente. Documento: Foundation:Resolution:Licensing policy (en inglés, hai versións en castelán e portugués). Polo tanto, a política vixente en canto a licenzas e practicamente a mesma que a de Commons. No que pode haber matices é no procedemento. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:31, 10 xullo 2007 (UTC)


Atribución de autoría nas traducións doutras Wikipedias

A miúdo, e sobre todo os usuarios novos, non se indica a procedencia dun artigo cando se trata dunha tradución doutra Wikipedia. A licenza GFDL require atribución, o procedemento máis común para recoñecer a autoría entre Wikipedias é incluír un texto semellante a este no resumo de edición: "tradución do artigo Nome_do_artigo da Wikipedia en Nome_lingua..." (preferiblemente cun enlace ao artigo orixinal). Iso cumpre os requisitos da licenza, permite verificar a fiabilidade do artigo e revisar o historial de edicións na entrada orixinal. En ocasións nas traducións re-publícanse artigos con edicións vandálicas ou que teñen problemas na Wikipedia de orixe. A falta de atribución complica a revisión. Se algún colaborador detecta un artigo que é unha tradución sen atribución pode facer unha pequena edición ou poñer un espazo en branco nalgún sitio do artigo para logo incluír no resumo a información de orixe. Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:33, 11 xullo 2007 (UTC)

Cambiar nome de usuario

Nota: engadir aquí a solicitude.

Calendario

A ver esos administradores... O calendario que aparece nas páxinas dos días e dos meses está mal, excepto maio. Hoxe, martes 21 de agosto, aparece como luns. Cando llo dixen a Prevert, alá por maio, dixo que se visualizaba o calendario de 2006. Saúdos, Pedro --Lameiro 19:17, 21 agosto 2007 (UTC)

  • Pareceme que é mellor deixar o de ilustración de eliminar os de 2005 e 2006, para saber en que épocas andamos temos varias referencias no proxecto, entre elas a Tp {{datahora}} de da moi bo contexto a respostas da xente. Só queda ver se recoñece o 29 de febreiro do 2008 ¿?, pero polo demáis esta moi ben. --Xelo2004 Ficheiro:Sig-panda.gif (Se non estás dacordo, dimo) 19:23, 21 agosto 2007 (UTC)
  • Coido que nesta semana deixarei eu feito dende o 2007 ate 2009; se alguén ve algún erro, por favor, comunicademo. Saúdos --Xelo2004 Ficheiro:Sig-panda.gif (Se non estás dacordo, dimo) 21:48, 21 agosto 2007 (UTC)

Ovo (homónimos)

Intentei move-lo artigo "Ovo" a "Ovo (alimento)" para así deixar espacio para unha páxina de homónimos: ovo (=cigoto); ovo (bioloxía): como ovo de ave, peixes, réptiles, insectos, etc.; ovo (alimento): ovo de galiña, fundamentalmente; e ovo=testículo. Pero o que fixen parece ser unha redirección. Agora necesito que borredes "ovo" (a secas) para poder facelo. Pedro --Lameiro 23:08, 25 agosto 2007 (UTC)

¡¡Texto desaparecido!!

Fixen uns cambios no artigo Quebraosos, entre outro introducir unha "referencia". O caso é que algo tiven que facer mal porque desapareceu todo o texto posterior a esta nota, aínda que se se edita, este texto desaparecido está aí. A ver se alguén fai por recuperalo. Pedro --Lameiro 22:00, 27 agosto 2007 (UTC)

  • Xa está. Hai que pór </ref> e non <ref/>. Saúdos. AlberteSi, digame? 22:03, 27 agosto 2007 (UTC)