Entrimo, Entrimo: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m →Outros artigos: Arranxos varios, replaced: Parroquias de Galicia baixo a advocación de San → Parroquias de Galicia baixo a advocación de san |
m →Outros artigos: Arranxos varios +cda |
||
Liña 37: | Liña 37: | ||
===Outros artigos=== |
===Outros artigos=== |
||
*[[Lugares de Entrimo]] |
*[[Lugares de Entrimo]] |
||
{{Control de autoridades}} |
|||
[[Categoría:Parroquias de Entrimo]] |
[[Categoría:Parroquias de Entrimo]] |
Revisión como estaba o 27 de setembro de 2017 ás 11:32
Coordenadas: 41°56′03″N 08°07′13″O / 41.93417, -8.12028
Santa María a Real de Entrimo | |
---|---|
Igrexa de Santa María a Real de Entrimo. | |
Concello | Entrimo |
Coordenadas | 41°56′03″N 8°07′13″O / 41.93416667, -8.12027778Coordenadas: 41°56′03″N 8°07′13″O / 41.93416667, -8.12027778{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina |
Poboación | 604 hab. (2007) |
Entidades de poboación | 3 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María a Real de Entrimo é unha parroquia do concello de Entrimo, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 604 habitantes, dos cales 284 eran homes e 320 mulleres.
Entre o seu patrimonio destaca a igrexa de Santa María a Real.
Entrimo na literatura popular
- A Terrachán ten orgullo/ de que ten no medio a igrexa,/ mais tamén é polo úneco/ que os outros pobos a envexan [1]
- Adios, igrexa de Entrimo,/ de espaldas te vou mirando;/ a saída será hoxe/ i a entrada non sei cando [2].
- Adios, igrexa de Entrimo,/ tronco de tódalas flores;/ adios, pobo de Galez,/ onde quedan meus amores [3].
- As mociñas do Casal/ cantan e poden cantar:/ teñen un mozo con cornos/ á entrada do lugar [4].
- En Véncias cantan os galos/ i as pitas na ferreiría;/ esgarreai e botai,/ que eiquí non hai porquería [5].
- Miña Virxe da Subreira/ é amiga da goteira;/ póñenlle o carballo á porta,/ heille planta-la videira [6].
- Outeiro, tu estás no alto,/ non te ve a Terrachán;/ tu es máis frío ca ela,/ pero dás ben millor pan [7].
Lugares e parroquias
Lugares de Entrimo
Lugares da parroquia de Entrimo no concello de Entrimo (Ourense) | |
---|---|
Parroquias de Entrimo
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Entrimo | |
---|---|
Entrimo (Santa María a Real) | Galez (San Fiz) | A Illa (San Lourenzo) | A Pereira (San Facundo) | Venceáns (San Tomé) |
Notas
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 50. No orixinal: orgulo. A Terrachá é lugar da parroquia e concello de Entrimo.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 30.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 30. San Fiz de Galez é unha parroquia do concello de Entrimo.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 49). Hai moitísimos lugares co nome de Casal e O Casal, pero o único situado na Limia Baixa é lugar da parroquia e concello de Entrimo. O autor sitúa O Casal como lugar da “parroquia da Terrachán” aínda que o Nomenclátor identifica A Terrachá como outro dos lugares da mesma parroquia de Entrimo. Engade que ese "mozo con cornos" non é outro que a figura do demo ós pés de San Miguel, nunha imaxe dunha capela existente no Casal.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 75. Venceáns é parroquia de Entrimo; esa "ferreiría" pode ser erro por Ferreiros, outro lugar da parroquia e concello de Entrimo.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 103. No orixinal: plantala. Nosa Señora da Sobreira é padroeira de Ferreiros, lugar da parroquia e concello de Entrimo.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 127. No orixinal: tú, és. A Terrachá é lugar da parroquia de Entrimo, concello de Entrimo