Garriga: Diferenzas entre revisións
m robot Añadido: da:Garrigue, ka:გარიგა |
m Homoxeneización de == Ligazóns externas == e == Véxase tamén == |
||
Liña 48: | Liña 48: | ||
* as [[xesta]]s, ''[[Genista]] spp. |
* as [[xesta]]s, ''[[Genista]] spp. |
||
== |
== Véxase tamén == |
||
[[Maquis]] |
[[Maquis]] |
Revisión como estaba o 3 de xullo de 2007 ás 15:46
En botánica, a garriga designa unha formación vexetal característica das rexións mediterráneas (phrygana en grego) .
O termo garriga ven da raíz pre-indoeuropea *kar, *gar, *kal, *gal, que significa « pedra » ou « rocha » ; por extensión « abrigo de pedra, casa, forteleza, aldea » ; orixinando guarric en celta; garric en occitan, « árbore de rocha », termo que nomea un tipo rebolo; catalán garriga; italiano gariga. As palabras, topónimos ou usuais na Franza, Gard, Carcassonne, karst, calanque, chalet, clapier, crau, grave, garoupe derivan desas raíces.
A garriga é unha formación vexetal baixa, máis ou menos difícil de penetrar, constituida principalmente de arbustos resistentes á sequedade, formando monte baixo espiñoso. Esta formación é o resultado da degradación do bosque de Quercus (Quercus pubescens, Quercus ilex), provocada por cabras e ovellas, a acción antrópica e o lume, actuando desde hai máis de 5000 anos.
Caracteres botánicos
A garriga é a terreo calcareo o que o maquis aos terreos siliceos.
A garriga pode ser confundida doadamente con o maquis baixo, mais diferen sensibelmente polo composición florística, mesmo polos distintos tons de verdes, que na garriga tende ao grisáceo. Algunhas formación da garriga poden mostrar un aspeito agradábel nalgúns períodos anuais, como nos momentos da floración dalgunhas especies, se o seu grao de cubrición do terreo é significativo. Nestes casos pode adquirir tons azuis-violáceos en formacións ricas en romeo, e violáceo se predomina a lavanda (Lavandula stoechas), amarelo se abonda en Helicriso, en arbustos de xesta (Genista sp) e Calycotomae. Mais grande parte do ano semella desolada, sobretodo se ocupa grandes superficies. Outra característica típica da garriga é o intenso perfume que emana das inúmeras especies aromáticas que a compoñen, nomeadamente, a parte das citadas, plantas das familias das Labiatae e das Asteraceae. A vexetación herbácea está sobretodo representada por plantas anuais, moitas espiñosas, sen que falten as perennes, como plantas bulbosas.
Historia
A garriga non foi sempre o ermo árido que coñecemos. Outrora foi lugar dunha importante actividade.
Sen falar dos inúmeros vestixios prehistóricos e medievais: (megalitos, castelos, cavernas fortificadas, ermidas...), os rabaños de cabras e ovellas pastaban aí, os vidreiros alimentaban os seus fornos cos a madeira prtoveniente das fragas da garriga, os carboeiros pinchaban as árbores para fabricar carbón para as cidades, buscábase a cortiza para preparar os coiros, e montes enteiros eran rozados para plantar oliveiras ou viñedos.
Toda esa actividade declinou con a chegada da revolución industrial, e con o éxodo rural que a acompañaría posteriormente. As rozadas para usos humanos e gandeiros diminuíron progresivamnte, e a vexetación recobrou terreo mesmo nos camiños.
Especies vexetais
Entre as plantas típicas da garriga áchanse:
- o aphyllantho de Montpellier (Aphyllanthes monspeliensis)
- o érbedo (Arbutus unedo),
- o asfódelo (Asphodelus),
- Cneorum tricoccon
- un tipo de rebolo (Quercus coccifera),
- a enciñeira (Quercus ilex),
- o cabrinfollo (Lonicera etrusca, Lonicera implexa),
- un tipo de esteba (Cistus albidus),
- variantes de euforbio (Euphorbia),
- Helichrysum italicum
- Helichrysum microphyllum
- a lavanda, Lavandula stoechas
- Phillyrea angustifolia,
- Phillyrea latifolia,
- Ruscus aculeatus,
- o xenebro oxicedro ou catanus (Juniperus oxycedrus),
- o xenebro de Fenicia (Juniperus phoenicea),
- a xesta escorpión (Genista scorpius),
- o lentisco (Pistacia lentiscus),
- Rhamnus alaternus,
- o acebuche (Olea sylvestris),
- as orquídeas (ophrys),
- o terebinto (Pistacia terebinthus),
- o romeo (Rosmarinus officinalis),
- a "zarzaparrilla" (Smilax aspera),
- o tomelo (Thymus vulgaris).
- as xestas, Genista spp.