Valle de Cuelgamuros: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Tradución da wikipèdia en catalán
 
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 6: Liña 6:

== Historia ==
== Historia ==
Aínda que o monumento foi concebido teoricamente para honrar os mortos tanto franquistas como republicanos, en realidade ten unha clara apoloxía [[Franquismo|franquista]]. O monumento ten a inscripción ''Caídos por Dios y por España'' (Caídos por Deus e por España) e abondosa simboloxía do réxime. A súa construción foi anunciada por [[Francisco Franco]] o día [[1 de abril]] de [[1939]], o mesmo no que acabou a Guerra.
Aínda que o monumento foi concibido teoricamente para honrar os mortos tanto franquistas como republicanos, en realidade ten unha clara apoloxía [[Franquismo|franquista]]. O monumento ten a inscrición ''Caídos por Dios y por España'' (Caídos por Deus e por España) e abondosa simboloxía do réxime. A súa construción foi anunciada por [[Francisco Franco]] o día [[1 de abril]] de [[1939]], o mesmo no que acabou a Guerra.

A orixe dos enterrados no Valle de los Caídos é incerto. Aínda que existen arquivos con aproximadamente a metade dos defuntos, descoñécese a identidade dos outros. Foron recollidos de moitos campos de batalla como os de Brunete, Grado, Gandesa, Teruel e a Batalla do Ebro, entre moitos outros.

Revisión como estaba o 23 de novembro de 2015 ás 19:32

Coordenadas: 40°38′29″N 04°09′26″O / 40.64139, -4.15722

Vista do monumento dende a chaira central

O Valle de los Caídos (Val dos Caídos en galego) é un monumento funerario situado na Serra de Guadarrama no municipio de San Lorenzo de El Escorial, na Comunidade de Madrid. Foi construído por prisioneiros republicanos da Guerra Civil Española entre os anos 1940 e 1958. Nel están enterrados uns 40.000 combatentes dos dous bandos da Guerra Civil, moitos deles trasladados dende outros puntos de España, onde tiveron lugar as batallas máis importantes da guerra. Tamén se atopan os restos mortais do falanxista José Antonio Primo de Rivera e do ditador Francisco Franco.

O complexo consta dunha abadía beneditina, unha basílica de 262 metros de lonxitude excavada na roca, varias construcións monolíticas e por enriba de todo unha cruz cristiá de máis de 150 metros de altura.

Historia

Aínda que o monumento foi concibido teoricamente para honrar os mortos tanto franquistas como republicanos, en realidade ten unha clara apoloxía franquista. O monumento ten a inscrición Caídos por Dios y por España (Caídos por Deus e por España) e abondosa simboloxía do réxime. A súa construción foi anunciada por Francisco Franco o día 1 de abril de 1939, o mesmo no que acabou a Guerra.

A orixe dos enterrados no Valle de los Caídos é incerto. Aínda que existen arquivos con aproximadamente a metade dos defuntos, descoñécese a identidade dos outros. Foron recollidos de moitos campos de batalla como os de Brunete, Grado, Gandesa, Teruel e a Batalla do Ebro, entre moitos outros.

Para a súa construción utilizáronse presos políticos, aos que prometeron unha redención de pena a cambio de traballo e un pequeno salario. Non obstante, moitos deles morreron na súa construción debido á falta de medios técnicos e á pouca seguridade.

Ata hai uns anos foi lugar de reunión cada 20 de novembro de varios grupos de falanxistas e nostálxicos da ditadura.

Véxase tamén

Ligazóns externas