Trompa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 2: Liña 2:
[[Ficheiro:French_horn.jpg|miniatura|200px|Trompa]]
[[Ficheiro:French_horn.jpg|miniatura|200px|Trompa]]


A '''trompa''' é un [[instrumento de vento-metal]] que ten normalmente un tubo cónico aberto que deriva das formas dos cornos ou os cabeiros dos animais. A trompa soa pola [[vibración]] dos labios do [[intérprete]] apoiados na embocadura (como na [[trompeta]]).
A '''trompa''' é un [[instrumento de vento-metal]] que ten normalmente un tubo cónico aberto que deriva das formas dos cornos ou os cabeiros dos animais. A trompa soa pola [[vibración]] dos beizos do [[músico|intérprete]] apoiados na embocadura (como na [[trompeta]]).


Entre os seus antecedentes pódese incluír a [[trompa de postillón]] medieval, os [[cornos reais]] de [[marfil]] de [[África]], o [[cornu]] romano, e o [[shofar]] xudeu, que deron lugar a trompas como o [[gran lur]] da antiga [[Escandinavia]]. Outros descendentes dos cornos son a [[trompa dos Alpes]], o [[Clarín (instrumento musical)|clarín]], a [[corneta]], e a corneta renacentista ([[cornetto]]).
Entre os seus antecedentes pódese incluír a [[trompa de postillón]] medieval, os [[cornos reais]] de [[marfil]] de [[África]], o [[cornu]] romano, e o [[shofar]] xudeu, que deron lugar a trompas como o [[gran lur]] da antiga [[Escandinavia]]. Outros descendentes dos cornos son a [[trompa dos Alpes]], o [[Clarín (instrumento musical)|clarín]], a [[corneta]], e a corneta renacentista ([[cornetto]]).

Revisión como estaba o 5 de outubro de 2015 ás 09:14

Trompa

A trompa é un instrumento de vento-metal que ten normalmente un tubo cónico aberto que deriva das formas dos cornos ou os cabeiros dos animais. A trompa soa pola vibración dos beizos do intérprete apoiados na embocadura (como na trompeta).

Entre os seus antecedentes pódese incluír a trompa de postillón medieval, os cornos reais de marfil de África, o cornu romano, e o shofar xudeu, que deron lugar a trompas como o gran lur da antiga Escandinavia. Outros descendentes dos cornos son a trompa dos Alpes, o clarín, a corneta, e a corneta renacentista (cornetto).

A trompa francesa de orquestra inventouse ao redor de 1650. É unha versión en grande da trompa de caza que foi redeseñada cun tubo enrolado en círculo. A trompa de caza francesa, que se introduciu na orquestra a finais do século XVIII, producía arredor de vinte dos harmónicos naturais. A trompa gañou máis flexibilidade contra 1750 coa invención da técnica de introdución da man dereita no pavillón, co que se variaba a afinación das notas até un ton. A pesar deste avance, o excesivo tamaño dos tubos, chamados seccións, fixo necesario instalar moitas chaves. A invención das válvulas a finais de século XIX revolucionou a trompa, xa que permitiu variar a lonxitude do tubo movendo un dedo. A trompa en fa con tres válvulas pode producir unha escala cromática en tres oitavas, dende o Si2. Os intérpretes modernos usan a man no pavillón para variar a afinación e a cor do son.

A trompa en fa ten tres válvulas, seccións de tubería estreita que se abren ao final nun pavillón en forma de campá ancha, e boquilla de funil que xustifica o son brando e doce. A trompa tenor-baixo en fa e si bemol, introducida contra 1900, substituíu á trompa en fa. Equipada cunha válvula extra para prolongar o tubo até si bemol, ofrece vantaxes técnicas. As orquestras máis modernas inclúen catro destes instrumentos.